Chamada Demócrata Cristiá
Aparencia
Christen-Democratisch Appèl (CDA) Chamada Demócrata Cristiá | |
---|---|
Partido político dos Países Baixos | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Sybrand van Haersma Buma |
Mocidades | Christen-Democratische Jongeren Appèl |
Filiación internacional | Internacional Demócrata de Centro Partido Popular Europeo |
Historia | |
Fundación | 11 de outubro de 1980 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia cristiá |
Representación | |
Representación | 21 deputados (de 150) no Parlamento dos Países Baixos |
Outros datos | |
Sede | Partijbureau CDA Buitenom 18 A Haia |
Na rede | |
www.cda.nl | |
A Chamada Demócrata Cristiá (neerlandés: Christen-Democratisch Appèl, CDA), é un partido político neerlandés da democracia cristiá. En número de militantes é o partido máis grande dos Países Baixos.
A CDA foi fundada en 1977, xurdindo da fusión do Partido Popular Católico (KVP), o Partido Antirrevolucionario (ARP) e a Unión Cristiá Histórica (CHU). O KVP formou parte de todos os gobernos dende a introdución do sufraxio universal en 1917, a miúdo xunto cos dous outros partidos, até a fundación da CDA. Presidentes do goberno da CDA foron Dries van Agt (1977-1982), Ruud Lubbers (1982-1994) e Jan-Peter Balkenende (2002- ). A CDA é un partido de centro-dereita, con tendencia conservadora.