Catherine Zeta-Jones, nada o 25 de setembro de 1969 en Swansea, é unha actriz, cantante e bailarina galesa de cinema e teatro. Ó longo da súa carreira como actriz recibiu moitos premios e recoñecementos polo seu talento. Entre eses premios destaca o Premio Óscar que acadou pola interpretación da asasina "Velma Kelly" no filme Chicago no ano 2002.
Comezou a súa carreira a unha idade moi temperá. Despois de protagonizar unha serie de telefilmes do Reino Unido e Estados Unidos e pequenos papeis en filmes, gañou notoriedade con papeis en películas de Hollywood como The Mask of Zorro en 1998 e o thrillerEntrapment en 1999. Un papel que marcou unha inflexión na súa carreira foi como "Helena Ayala" en Traffic no ano 2000, polo que gañou o seu primeiro nomeamento ós Globos de Ouro por Mellor Actriz.