Ava DuVernay
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1972 (52 anos) Long Beach, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, produtora, guionista, produtora de televisión |
Período de actividade | 1999 - |
Membro de | |
Premios | |
| |
Sitio web | avaduvernay.com |
|
Ava Marie DuVernay, nada en Long Beach (California) o 24 de agosto de 1972, é unha directora, guionista, publicitaria de filmes e distribuidora de filmes estadounidense. No Festival de Cinema de Sundance de 2012, DuVernay gañou o Premio á Mellor Dirección pola súa segunda longametraxe, Middle of Nowhere, converténdose na primeira muller afroamericana en gañalo.[1][2][3][4] Polo seu traballo en Selma, DuVernay foi a primeira directora negra en ser candidata ao Globo de Ouro[5][6] e tamén foi a primeira directora negra en ter un filme candidato ao Óscar ao mellor filme.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]DuVernay naceu en Long Beach[7] e creceu en Lynwood, California (preto de Compton) e graduouse en 1990 na High School Saint Joseph en Lakewood.[8] Na Universidade da California, nos Ánxeles (UCLA), estudou inglés e estudos afroamericanos.[7][9][10]
Durante as súas vacacións de verán, viaxaba á casa de infancia do seu pai, Murray May (que non estaba lonxe de Selma, Alabama).[11] DuVernay dixo que eses veráns influenciaran a creación de Selma, porque o seu pai vira a marcha de Selma a Montgomery cando neno.[12]
Carreira
[editar | editar a fonte]O seu primeiro interese foi no xornalismo, unha escolla influenciada por unha bolsa na CBS News, onde foi designada para axudar a cubrir o xuízo do asasinato de O. J. Simpson.[9] Quedou desilusionada co xornalismo no entanto, e decidiu cambiar á publicidade e, eventualmente, abrir a súa propia empresa de relacións públicas, a Axencia DuVernay.[7][10][13][14]
Cinema
[editar | editar a fonte]DuVernay fixo súa estrea como directora de cinema en 2008 co documental This Is the Life, unha historia do movemento artístico Good Life Cafe nos Ánxeles. DuVernay comezou con documentais porque poden ser feitos cun orzamento menor que unha longametraxe, e podería aprender o negocio ao realizalos.[15]
En 2011 estreouse a primeira longametraxe de ficción de DuVernay, I Will Follow, un drama protagonizado por Salli Richardson-Whitfield. A tía de DuVernay, Denise Sexton, foi a inspiración para o filme,[16] que lle custou a DuVernay 50 000 dólares e foi realizado en catorce días. Roger Ebert considerouno "un dos mellores filmes que vin sobre como chegar a un acordo coa morte dun ser querido".[17] I Will Follow participou na selección oficial da AFI Fest, Pan-African Film Festival, Urbanworld e no Festival Internacional de Cinema de Chicago.
No verán de 2011, DuVernay comezou a produción da súa segunda longametraxe, Middle of Nowhere. O filme foi adquirido pola AFFRM e Participant Medía no Festival de Cinema Sundance de 2012, onde participou na competición e recibiu o Premio á Mellor Dirección para DuVernay, a primeira muller afroamericana que o recibiu. DuVernay tamén gañou o Independent Spirit John Cassavetes Award polo seu traballo no filme.
A ESPN encargou a DuVernay producir e dirixir Venus Vs., un documental sobre a loita de Venus Williams polo premio en diñeiro para a súa serie de filmes Nine for IX, que se emitiu o 2 de xullo de 2013.[18]
En 2015, DuVernay estaba en consideración para dirixir e posibelmente coescribir o filme da Marvel Studios, Black Panther. Segundo se conta, a disputa estaba entre ela e Ryan Coogler, con Coogler conseguindo finalmente o traballo.
DuVernay foi encargada polo Museo Nacional Smithsonian de Historia e Cultura Afroamericana para crear un filme para a abertura do museo. August 28: A Day In The Life Of A People conta a historia a través dos eventos que aconteceron na mesma data, 28 de agosto. O filme de 22 minutos inclúe a Lupita Nyong'o, Don Cheadle, Regina King, David Oyelowo, Angela Bassett, Michael Ealy, Gugu Mbatha-Raw, André Holland e Glynn Turnman. Céntrase nos eventos que envolveron o asasinato de Emmett Till, o discurso do Dr. Martin Luther King, "Teño un soño", o furacán Katrina e a noite en que o entón senador Barack Obama aceptou o nomeamento demócrata para a presidencia en 2008.[19]
DuVernay dirixiu Selma, un filme cun orzamento de 20 millóns de dólares producido pola Plan B Entertainment, sobre Martin Luther King, Lyndon B. Johnson e as protestas de Selma a Montgomery en marzo de 1965. O filme foi lanzado en 25 de decembro de 2014 con aclamación da crítica.[20]
Houbo controversia significativa sobre Selma e a súa descrición das accións de Lyndon Johnson como retratado no filme.[21][22] O ex-asesor de política interna de Johnson, Joseph A. Califano, Jr., criticou a DuVernay por ignorar e falsificar a historia, e particularmente por suxerir que Johnson apoiara reticentemente os esforzos de King e que enviara o FBI para investigalo.[23]
O filme de DuVernay reescribiu a maioría do guión orixinal de Paul Webb, cunha maior énfase en King e as persoas de Selma como figuras centrais.[22][24] En resposta ás críticas dos historiadores e dos medios que a acusaron de reescribir irresponsabelmente a historia para retratar a súa propia axenda, DuVernay sinalou que o filme non é "un documental, non son unha historiadora, son unha contadora de historias".[25]
Selma foi candidata ao mellor filme e mellor canción orixinal nos Óscar, mais non á mellor dirección. A falta de diversidade nas candidaturas aos Óscar 2014 foi un tema forte na prensa. Selma gañou o premio á mellor canción (Glory).[26] DuVernay declarou que non tiña expectativas en ser nomeada para que a omisión a incomodase, mais ficou magoada porque non fose candidato o actor David Oyelowo. En canto á cuestión da diversidade racial nos premios, afirmou que os obstáculos para as persoas de cor seren representadas nos Óscar son sistémicos.[27]
En xullo de 2016, o Festival de Cinema de Nova York fixo o anuncio sorpresa de que 13th, documental dirixido por DuVernay, abriría o festival. Até o anuncio non se fixera ningunha mención do filme pola directora nin por Netflix, o distribuidor do filme.[28]
Televisión
[editar | editar a fonte]DuVernay dirixiu o episodio 3.8 de Scandal titulado "Vermont is for Lovers, Too".[29]
En 2015, DuVernay foi a produtora executiva e dirixiu o piloto para a serie da CBS, For Justice, protagonizada por Anika Noni Rose.[30]
Ese mesmo ano, anunciou que estaba a crear e producir unha serie dramática, Queen Sugar, ao lado de Oprah Winfrey. O drama foi axustado para ser emitido na Oprah Winfrey Network.[31] En 2016, DuVernay anunciou que a actriz Rutina Wesley fora escollida para o papel principal.[32] A serie estreouse en 2016 con aclamación da crítica.[33]
Distribuidora
[editar | editar a fonte]En 2010 DuVernay creou AFFRM (African-American Film Festival Releasing Movement), a súa propia empresa para distribuír filmes feitos ou centrados en persoas negras. DuVernay refírese a AFFRM como "non tanto un negocio, senón un chamamento á acción".[34]
Aínda que a construción de sólidas bases de negocios para os filmes é unha prioridade, DuVernay resalta que a forza motriz da organización é o activismo.[35]
En 2015 a empresa mudou o seu nome por ARRAY, prometendo un novo foco nas mulleres cineastas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Demby, Gene (30 de xaneiro de 2012). "Sundance 2012: Ava DuVernay Becomes First Black Woman To Win Best Director Prize For Middle Of Nowhere. On June 22, 2015 she was announced as the director of the upcoming Marvel film Black Panther.". Huffington Post.
- ↑ Barnes, Brooks (27 de xaneiro de 2012). "Market for Films Signals Good, Not Great, Year for Sundance". The New York Times.
- ↑ Dargis, Manohla (27 de xaneiro de 2012). "Amazing Child, Typical Grown-Ups". The New York Times.
- ↑ Savali, Kirsten West (29 de xaneiro de 2012). "Straight Outta Compton: Ava Makes Black History At Sundance!". NewsOne.
- ↑ "Golden Globes: 'Selma's' Ava DuVernay Becomes First Black Woman to Receive Director Nomination". The Hollywood Reporter.
- ↑ Suskind, Alex (17 de decembro de 2014). "How Ava DuVernay struck a chord with Selma". The Guardian.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Ava DuVernay". biography.com/A&E Television Networks.
- ↑ "SJ Alumna Receives A Golden Globe Nomination" Arquivado 05 de maio de 2015 en Wayback Machine.. St. Joseph's High School.
- ↑ 9,0 9,1 Wright, Bekah (1 de outubro de 2012). "Direct Action". UCLA Magazine.
- ↑ 10,0 10,1 Traister, Rebecca (2016-09-19). "In Conversation: Ava DuVernay". New York Magazine.
- ↑ Simon, Bob (8 de febreiro de 2015). "Where 'Selma' Meets Hollywood" (TV interview/segment). 60 Minutes. CBS News.
- ↑ Edwards, Gavin (5 de xaneiro de 2015). "We Shall Overcome: Ava DuVernay on Making 'Selma'". Rolling Stone.
- ↑ Rickey, Carrie (2012-10-05). "She's a Graduate of an Unusual Film School". New York Times.
- ↑ Stewart, Alicia W. (25 de outubro de 2012). "Filmmaker Ava DuVernay uses a lens of legacy" Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.. CNN.
- ↑ Brown, Emma (11 de outubro de 2012). "In the Middle of Somewhere with Ava DuVernay and Emayatzy Corinealdi". Interview Magazine.
- ↑ "Middle of Nowhere – Writer/Director Ava DuVernay". Filmmaker Magazine.
- ↑ Ebert, Roger. "Ebert Presents review of I Will Follow" Arquivado 15 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. Ebert Presents: At the Movies.
- ↑ "Nine for IX: 'Venus Vs.'". ESPN.
- ↑ Davis, Rachaell (22 de setembro de 2016). "Why Is August 28 So Special To Black People? Ava DuVernay Reveals All In New NMAAHC Film". Essence.
- ↑ Jagernauth, Kevin (20 de xuño de 2014). "Ava DuVernay's 'Selma' Enters Oscar Race, Sets Christmas Day Release". Indiewire.
- ↑ Chariton, Jordan (8 de xaneiro de 2015). "'Selma' Director Ava DuVernay 'Baffled' By LBJ Controversy (Video)". The Wrap.
- ↑ 22,0 22,1 Schuessler, Jennifer (31 de decembro de 2014). "Depiction of Lyndon B. Johnson in 'Selma' Raises Hackles". The New York Times.
- ↑ Califano Jr., Joseph A. (26 de decembro de 2014). "The movie 'Selma' has a glaring flaw". The Washington Post.
- ↑ Brody, Richard (29 de decembro de 2014). "The Crucial Lessons of Democracy in "Selma"". The New Yorker.
- ↑ Milliken, Mary (6 de xaneiro de 2015). "'Selma' director makes history before awards are bestowed" Arquivado 09 de outubro de 2015 en Wayback Machine.. Reuters.
- ↑ "List of 87th Academy Award Winners" Arquivado 23 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. ABC News. Associated Press
- ↑ Goodman, Amy (27 de xaneiro de 2015). "Selma Director Ava DuVernay on Hollywood's Lack of Diversity, Oscar Snub and #OscarsSoWhite Hashtag". Democracy Now!.
- ↑ Cox, Gordon (19 de xullo de 2016). "2016 New York Film Festival to Open With Ava DuVernay Documentary 'The 13th'". Variety.
- ↑ Obenson, Tambay A. (12 de xullo de 2013). "Ava DuVernay Will Direct An Episode Of 'Scandal' Next Season" Arquivado 21 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. Indiewire.
- ↑ Goldberg, Lesley (10 de marzo de 2015). "'Selma's' Ava DuVernay 'For Justice'". The Hollywood Reporter.
- ↑ Andreeva, Nellie (2 de febreiro de 2015). "Oprah Winfrey To Co-Star In & Co-Create With 'Selma' Filmmaker Ava DuVernay 'Queen Sugar' OWN Drama Series". Deadline.com.
- ↑ Slezak, Michael. "Rutina Wesley Lands Lead in OWN's Ava DuVernay Drama Queen Sugar".
- ↑ Queen Sugar
- ↑ Cieply, Michael (7 de xaneiro de 2011). "Building an Alliance to Aid Films by Blacks". The New York Times.
- ↑ Martin, Michael T.; DuVernay, Ava (1 de xaneiro de 2015). "Conversations with Ava DuVernay: "A Call to Action": Organizing Principles of an Activist Cinematic Practice". Black Camera. 6 (1): 57–91. ISSN 1947-4237.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ava DuVernay |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 08 de xullo de 2016 en Wayback Machine.
- Ava DuVernay en Makers: Women Who Make America