86ª edición dos Óscar
A 86ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2013 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 2 de marzo de 2014 no Dolby Theatre en Hollywood, California. A cerimonia tívose que pospoñer unha semana por mor da confluencia cos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 de Sochi, Rusia.[1] Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. O evento foi televisado nos Estados Unidos pola canle ABC, e foi producido por Neil Meron e Craig Zadan. A actriz e humorista Ellen DeGeneres foi a presentadora da gala por segunda vez. DeGeneres xa presentara a 79ª cerimonia no 2007.[2][3]
Gravity gañou sete premios, a que máis durante a cerimonia, incluíndo o mellor director para Alfonso Cuarón. 12 anos de escravitude gañou tres premios, incluíndo o mellor filme e mellor actriz secundaria para Lupita Nyong'o. Dallas Buyers Club tamén gañou tres premios, converténdose no quinto filme na historia dos premios en gañar o mellor actor e o mellor actor secundario para Matthew McConaughey e Jared Leto respectivamente. Outros gañadores foron Frozen e The Great Gatsby, con cadanseus dous premios. Cate Blanchett gañou o de mellor actriz por Blue Jasmine, o único premio do filme. Outros filmes que gañaron un premios foron The Great Beauty, Helium, Her, The Lady in Number 6: Music Saved My Life, Mr Hublot e 20 Feet from Stardom. Cuarón e Catherine Martin foron as únicas persoas en recoller múltiples premios, con dous trofeos cada un.[4][5]
Gañadores e nomeados
[editar | editar a fonte]Os nomeados da 86ª edición foron anunciados o 16 de xaneiro de 2014, no Teatro Samuel Goldwyn en Beverly Hills, por Cheryl Boone Isaacs, presidente da Academia, e o actor Chris Hemsworth.[6] American Hustle e Gravity foron os máis nomeados, con 10 candidaturas.[7][8]
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[9]
Premios de Honra
[editar | editar a fonte]A Academia tamén celebrou a quinta edición dos Premios Gobernadores o 16 de novembro de 2013, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.[11]
Oscars de Honra
[editar | editar a fonte]Premio humanitario Jean Hersholt
[editar | editar a fonte]Predecesor: 85ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 86ª edición dos Óscar |
Sucesor: 87ª edición dos Óscar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2014 Oscars show moves to March to avoid Winter Olympics clash". Chicago Tribune (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013.
- ↑ Weisman, Jon (2 de agosto de 2013). "Ellen DeGeneres To Host Oscars". Variety (PMC). Consultado o August 2, 2013.
- ↑ Kennedy, Lisa (2 de agosto de 2014). "Ellen DeGeneres to host Academy Awards". Denver Post (MediaNews Group). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Oscars 2014: live". Daily Telegraph. 2 de marzo de 2014. Consultado o 3 de marzo de 2014.
- ↑ "Oscars 2014 live: the ceremony". Guardian. 2 de marzo de 2014. Consultado o 3 de marzo de 2014.
- ↑ Whitty, Stephen (16 de xaneiro de 2014). "2014 Oscars: Jersey-set 'American Hustle,' outer-space 'Gravity' lead nominations". The Star-Ledger (Advance Publications). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ King, Susan; Lynch, Rene (16 de xaneiro de 2014). "2014 Oscar nominations: 'American Hustle' shuffles David O. Russell to front of the pack again". Los Angeles Times (Tribune Company). Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Oscar nominations 2014: Gravity and Hustle edge out Slave". The Guardian (Guardian Media Group). 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ "2014 Academy Awards Winners: Full List". Variety. 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de marzo de 2014.
- ↑ A Academia revogou o nomeamento de Alone Yet Not Alone despois de determinar que o compositor Bruce Broughton violou as regulacións de promoción da Academia.
- ↑ "Academy Unveils 2013 Governors Awards: Honorees Angelina Jolie, Angela Lansbury, Steve Martin, Piero Tosi". Deadline.com (PMC). Consultado o 5 de setembro de 2013.