August Schleicher
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1821 Meiningen, Alemaña |
Morte | 6 de decembro de 1868 (47 anos) Jena, Alemaña |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Johannisfriedhof (en) |
Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Gymnasium Casimirianum Coburg (en) |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, profesor universitario, pedagogo, xornalista, escritor |
Empregador | Universidade de Jena Universidade Carolina de Praga |
Membro de | |
Profesores | Friedrich Gottlieb Welcker (pt) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шлейхер Август) Allgemeine Deutsche Biographie Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
August Schleicher, nado en Meiningen o 19 de febreiro de 1821 e finado en Jena o 6 de decembro de 1868, foi un lingüista alemán. A súa obra máis importante foi Un compendio da gramática comparada das linguas indoeuropeas, na que intentaba reconstruír a lingua protoindoeuropea. Para amosar o aspecto que podería ter tido o indoeuropeo creou un conto curto, a chamada “Fábula de Schleicher”, para exemplificar o vocabulario reconstruído e os aspectos da sociedade indoeuropea que se podían inferir del.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]August Schleicher nacera en Meiningen (Ducado de Saxe-Meiningen, ao suroeste de Weimar, no Bosque de Turinxia). Morreu de tuberculose á idade de 47 anos en Jena (Ducado de Saxe-Weimar-Eisenach, Turinxia).
August Schleicher comezou a súa carreira estudando teoloxía e indoeuropeo, especialmente linguas eslavas. Influído por Hegel, formulou a teoría de que a lingua é un organismo, con períodos de desenvolvemento, madureza e declive. En 1850 Schleicher completou unha monografía onde describía sistematicamente as linguas de Europa, Die Sprachen Europas in systematischer Übersicht ('As linguas de Europa en perspectiva sistemática'). representaba explicitamente as linguas como organismos perfectamente naturais que podías ser descritos da maneira máis conveniente usando termos tomados da bioloxía e.g., xénero, especie e variedade.
Schleicher declaraba que se convencera da descendencia natural das linguas e da súa competición entre elas antes de ler A orixe das especies de Charles Darwin. Inventou un sistema de clasificación das linguas que se semellaba á taxonomía da botánica, trazando grupos de linguas emparentadas e situándoos nunha árbore xenealóxica. O seu modelo, a Stammbaumtheorie), foi un gran avance no estudo das linguas indoeuropeas. O primeiro sitio onde introduciu unha representación gráfica dunha árbore evolutiva foi en artigos que datan de 1853. No momento da publicación do seu Deutsche Sprache (lingua alemá) (1860) comezara a empregar árbores para ilustrar o parentesco lingüístico. Recoñécese comunmente que Schleicher foi o primeiro lingüista que retratou a evolución lingüística usando a imaxe dunha árbore. En gran parte como reacción a isto, Johannes Schmidt posteriormente propuxo a súa teoría das ondas como modelo alternativo.
Na súa maior parte, porén, as ideas de Darwin simplemente revisten os trazos fundamentais do proxecto evolutivo de Schleicher, que derivaba da obra dos que estaban inmersos no romanticismo e idealismo alemáns especialmente Humboldt e Hegel.
Schleicher cría que as linguas atravesan un ciclo vital, similar ao dos seres vivos. Ao principio son máis simples do que posteriormente poden chegar a ser. este estadio de primitiva simplicidade ía seguido por un período de crecemento, que eventualmente se ralentizaba, e logo daba paso a un período de declive (1874:4):
- Como evolucionou o home, así o fixo tamén a súa lingua (...): mesmo a lingua máis simple é o produto dun crecemento gradual: todas as formas elevadas dunha lingua veñen doutros máis simples.... A lingua declina tanto no son como na forma... A transición entre o primeiro e o segundo período é un dun progreso máis lento.
Schleicher apoiaba a polixénese das linguas. Razoaba como segue (1876:2):
- Asumirmos unha lingua universal orixinal é imposíbel; máis ben hai moitas linguas orixinais: este é un resultado certo obtido do tratamento comparativo das linguas do mundo que teñen existido ata agora. Xa que hai continuamente linguas que desaparecen, mentres que case non hai ningunha que xurda nova, debe haber habido orixinariamente moitas máis linguas que no presente. O número das linguas orixinais foi daquela moito máis grande do que se supón das linguas aínda vivas.
As ideas de Schleicher sobre a polixénese tivo unha influencia duradeira, tanto directamente como vía a súa adopción polo biólogo Ernst Haeckel.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sprachvergleichende Untersuchungen. / Zur vergleichenden Sprachgeschichte. (2 vols.) Bonn, H. B. Koenig (1848).
- Linguistische Untersuchungen. Part 2: Die Sprachen Europas in systematischer Uebersicht. Bonn, H. B. Koenig (1850); nova edición por Konrad Koerner, Amsterdam, John Benjamins (1982).
- Formenlehre der kirchenslavischen Sprache. (1852).
- Die ersten Spaltungen des indogermanischen Urvolkes. Allgemeine Zeitung fuer Wissenschaft und Literatur (August 1853).
- Handbuch der litauischen Sprache. (Primeiro compendio científico da lingua lituana) (2 vols.) Weimar, H. Boehlau (1856/57).
- Litauische Maerchen, Sprichworte, Raetsel und Lieder. Weimar, H. Boehlau (1857).
- Volkstuemliches aus Sonneberg im Meininger Oberlande - Lautlehre der Sonneberger Mundart. Weimar, H. Boehlau (1858).
- Kurzer Abriss der Geschichte der italienischen Sprachen. Rheinisches Museum fuer Philologie 14.329-46. (1859).
- Die Deutsche Sprache. Stuttgart, J. G. Cotta (1860); nova edición por Johannes Schmidt, Stuttgart, J. G. Cotta (1888).
- Compendium der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen. (Kurzer Abriss der indogermanischen Ursprache, des Altindischen, Altiranischen, Altgriechischen, Altitalischen, Altkeltischen, Altslawischen, Litauischen und Altdeutschen.) (2 vols.) Weimar, H. Boehlau (1861/62); reimpreso por Minerva GmbH, Wissenschaftlicher Verlag, ISBN 3-8102-1071-4.
- Die Darwinsche Theorie und die Sprachwissenschaft - offenes Sendschreiben an Herrn Dr. Ernst Haeckel. Weimar, H. Boehlau (1863).
- Die Bedeutung der Sprache für die Naturgeschichte des Menschen. Weimar, H. Boehlau (1865).
- Christian Donalitius Litauische Dichtungen (A poesía cristiá de Christian Donelaitis), publicada pola Academia rusa de ciencias en San Petersburgo (1865).
- Darwinism Tested by the Science of Language. (tradución inglesa de Alexander V. W. Bikkers) Londres, J. C. Hotten (1869).
- A Compendium of the Comparative Grammar of the Indo-European, Sanskrit, Greek, and Latin Languages, traducido da terceira edición en alemán por GerHerbert Bendall. Londres: Trübner and Co (1874) (realmente un resumo do orixinal alemán.)
- Laut- und Formenlehre der polabischen Sprache. reimpreso por Saendig Reprint Verlag H. R. Wohlwend, ISBN 3-253-01908-X.
- Sprachvergleichende Untersuchungen. reimpreso por Minerva GmbH, Wissenschaftlicher Verlag, ISBN 3-8102-1072-2.
- Die Formenlehre der kirchenslavischen Sprache erklaerend und vergleichend dargestellt. Reprint by H. Buske Verlag, Hamburg (1998), ISBN 3-87118-540-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Salomon Lefmann: August Schleicher. Skizze. Leipzig (1870).
- Joachim Dietze: August Schleicher als Slawist. Sein Leben und Werk in der Sicht der Indogermanistik. Berlin, Akademie Verlag (1966).
- Konrad Körner: Linguistics and evolution theory (Three essays by August Schleicher, Ernst Haeckel and Wilhelm Bleek). Amsterdam-Philadelphia, John Benjamins Publishing Company (1983).
- Liba Taub: Evolutionary Ideas and "Empirical" Methods: The Analogy Between Language and Species in the Works of Lyell and Schleicher. British Journal for the History of Science 26, S. 171-193 (1993).
- Theodeor Syllaba: August Schleicher und Böhmen. Prague, Karolinum (1995). ISBN 80-7066-942-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Winfred P. Lehmann, A Reader in Nineteenth Century Historical Indo-European Linguistics, Chapter 8: August Schleicher (Universidade de Texas).
- Robert J. Richards, The Linguistic Creation of Man: Charles Darwin, August Schleicher, Ernst Haeckel, and the Missing Link in Nineteenth-Century Evolutionary TheoryArquivado 03 de febreiro de 2004 en Wayback Machine..
- Geoffrey Sampson, Di algo en protoindoeuropeo.
- Asiff Hussein, Sinhala, hai 6000 anos.