Aneis de Saturno
Os aneis de Saturno son os aneis planetarios arredor do planeta Saturno, unhas estruturas que poden ser observadas mesmo con pequenos telescopios de afeccionados á astronomía. Consisten nun vasto agrupamento de partículas que varían en tamaño dende o microscópico até obxectos de grandes dimensións semellantes a un autobús e incluso maiores. Estas partículas orbitan ao redor do planeta nun balance delicado entre a atracción gravitatoria de Saturno e as forzas centrífugas. Predominantemente compostas por xeo de auga, as partículas inclúen tamén unha fracción menor de material rochoso.[1] Ademais, identificouse tamén a presenza dun composto de cor avermellada de natureza, indeterminada aínda pola comunidade científica; a posibilidade de que compostos orgánicos complexos estean presentes segue sendo a ser obxecto de investigación.[2][3]
Adicionalmente, hai claros notables nos aneis, como a "lacuna" ou "fenda de Encke", causada pola influencia gravitatoria da lúa Pan no Anel A.[4] A máis coñecida destas divisións é a "División Cassini", nomeada en honra ao astrónomo Giovanni Domenico Cassini, quen a descubriu no ano 1675. Trátase dun baleiro relativo situado entre os Anel A e B, e a súa existencia debeuse a resonancias orbitais asociadas con satélites naturais do planeta.[5]
Os aneis de Saturno fornecen abundantes datos sobre como se formou e evolucionou este sistema planetario, revelando detalles sobre os procesos físicos semellantes aos que ocorren nos discos protoplanetarios, que son as rexións onde os planetas comezan a tomar forma.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuzzi, J. N.; Burns, J. A.; Charnoz, S.; Clark, R. N.; Colwell, J. E.; Dones, L.; Esposito, L. W.; Filacchione, G.; French, R. G. (2010-03-19). "An evolving view of Saturn's dynamic rings". Science (New York, N.Y.) 327 (5972): 1470–1475. ISSN 1095-9203. PMID 20299586. doi:10.1126/science.1179118.
- ↑ Virkki, Anne K.; Neish, Catherine D.; Rivera-Valentín, Edgard G.; Bhiravarasu, Sriram S.; Hickson, Dylan C.; Nolan, Michael C.; Orosei, Roberto (2023-01). "Planetary Radar—State-of-the-Art Review". Remote Sensing (en inglés) 15 (23): 5605. ISSN 2072-4292. doi:10.3390/rs15235605.
- ↑ Sánchez-Lavega, Agustín; Irwin, Patrick; García Muñoz, Antonio (2023-12-06). "Dynamics and clouds in planetary atmospheres from telescopic observations". The Astronomy and Astrophysics Review (en inglés) 31 (1): 5. ISSN 1432-0754. doi:10.1007/s00159-023-00150-9.
- ↑ "Moons/Pan". saturn.jpl.nasa.gov. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ Spahn, Frank; Schmidt, Jürgen; Albers, Nicole; Hörning, Marcel; Makuch, Martin; Seiß, Martin; Kempf, Sascha; Srama, Ralf; Dikarev, Valeri (2006-03-10). "Cassini Dust Measurements at Enceladus and Implications for the Origin of the E Ring". Science (en inglés) 311 (5766): 1416–1418. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.1121375.
- ↑ Esposito, Larry (2006). Planetary rings. Cambridge, Reino Unido; Nova York: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-36222-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aneis de Saturno |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Aneis de Chariklo
- Aneis de Neptuno
- Aneis de Urano
- Aneis de Xúpiter
- Cassini–Huygens (a misión espacial que estudiou Saturno e os seus aneis)
- Disco protoplanetario
- Resonancia orbital
- Saturno (planeta)
- Sistema solar
----
Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |