Saltar ao contido

Acimut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acimut[1] é o arco do horizonte entre o punto norte e o círculo vertical que pasa por un corpo celeste. Mídese desde o norte no sentido das agullas do reloxo, de xeito tal que o norte é 0º, leste 90º, sur 180º, oeste 270º e outra vez norte 360º.

O acimut adoita medirse en graos (°), no intervalo positivo de 0° a 360° ou no intervalo con signo -180° a +180°. O concepto utilízase en navegación, astronomía, enxeñaría, mapas, minería e balística.

A palabra acimut úsase hoxe en todas as linguas europeas. Ten a orixe no árabe medieval السموت (al-sumūt, pronunciado as-sumūt), que significa "as direccións" (plural do árabe السمت al-samt = "a dirección").

En astronomía

[editar | editar a fonte]

No sistema de coordenadas horizontais, usado na navegación celeste, o acimut é unha das dúas coordenadas.[2] A outra é a altitude, ás veces chamada elevación sobre o horizonte. Na astronomía moderna o acimut é medido case sempre dende o norte.

Coordenadas relacionadas

[editar | editar a fonte]

Ascensión recta

[editar | editar a fonte]

Se en lugar de medir desde e ao longo do horizonte, os ángulos se miden dende e ao longo do ecuador celeste, os ángulos chámanse ascensión recta se se fai referencia ao equinoccio de primavera, ou ángulo horario se se fai referencia ao meridiano celeste.

Coordenadas polares

[editar | editar a fonte]

En matemáticas, o ángulo acimutal dun punto en coordenadas cilíndricas ou coordenadas esféricas é o ángulo en sentido antihorario entre o eixo x positivo e a proxección do vector sobre o plano xy. Un caso especial dun ángulo acimutal é o ángulo en coordenadas polares da compoñente do vector no plano xy, aínda que este ángulo se mide normalmente en radiáns en lugar de graos e denótase como en lugar de .

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acimut.
  2. Rutstrum, Carl, The Wilderness Route Finder, University of Minnesota Press (2000), ISBN 0-8166-3661-3, p. 194

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rutstrum, Carl, The Wilderness Route Finder, University of Minnesota Press (2000), ISBN 0-8166-3661-3

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]