Saltar ao contido

Skoll (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skoll
Descubrimento[1]
Descuberta por S. S. Sheppard
D. C. Jewitt
J. Kleyna
Descuberta o 2006
Designación provisional S/2006 S 8
Características orbitais[2]
Eixo semi-maior 17,56 millóns de km
Excentricidade 0,418
Período orbital 869 d
(2,38 AX)
Inclinación 156° (respecto da eclíptica)
Satélite de Saturno
Características físicas
Diámetro medio 6 km[3] (baseado no albedo)
Período de rotación ?
Albedo 0,04 asumido [3]
Cor ?

Skoll ou Saturno XLVII (designación provisional S/2006 S 8) é unha pequena lúa irregular de movemento retrógrado de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt e Jan Kleyna o 26 de xuño do 2006, a partir de obsevacións feitas entre o 5 de xaneiro e o 30 de abril do 2006.[2][4]

Skoll ten uns 6 km de diámetro (asumindo un albedo de 0,04)[3], e orbita Saturno a unha distancia media de 17,6 millóns de km en 869 días, segue unha órbita moi excéntrica e moderadamente inclinada.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007,[5] o cal sería Sköll, un lobo xigante da mitoloxía nórdica, fillo de Fenrisulfr e irmán xemelgo de Hati.

  1. Discovery Circumstances from JPL
  2. 2,0 2,1 MPEC 2006-M45: Eight New Satellites of Saturn 26 de xuño do 2006 (descubrimento e efemérides)
  3. 3,0 3,1 3,2 "Scott Sheppard's pages". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2003. Consultado o 07 de xullo de 2003. 
  4. IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento)
  5. IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizo da lúa)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]