Saltar ao contido

Anatole de Barthélemy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnatole de Barthélemy

Anatole de Barthélemy [1]
Biografía
Nacemento(fr) Jean-Baptiste-Antoine-Anatole de Barthélémy Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1921
Reims, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1904 (82 anos)
Ville-d'Avray, Altos do Sena.
Presidente Société de l'histoire de Paris et de l'Île-de-France (en) Traducir
Presidente Société de l'histoire de France (pt) Traducir
Presidente Société de l'École des chartes (en) Traducir
Presidente Academia de Inscricións e Linguas Antigas
Presidente Société nationale des Antiquaires de France (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
EducaciónÉcole des chartes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Q89547790Presidente de diversas sociedades eruditas.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, arqueoloxía e numismática.
Ocupaciónprefeito (pt) Traducir (1830–1854), numismático, arqueólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcadémie des inscriptions et belles-lettres.
Société française de numismatique.
Société scientifique, historique et archéologique de la Corrèze.
Société de l'histoire de Paris et de l'Île-de-France.
Société d'émulation du Jura.
Société des archives historiques de la Saintonge et de l'Aunis.
Comité des travaux historiques et scientifiques.
Commission de topographie des Gaules.
Membro de
Familia
CónxuxeMarie Aubert (1859). Editar o valor en Wikidata
Premios
1859: Cabaleiro da Lexión de honra.

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1634694


Jean-Baptiste-Antoine-Anatole de Barthélemy,[2] nado en Reims, Marne, o 1 de xullo de 1821 e finado en Ville-d'Avray, Altos do Sena, o 27 de xuño de 1904, foi un historiador, numismático e arqueólogo francés do século XIX.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe familiar e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Anatole de Barthélemy naceu en Reims en 1821, fillo de Antoinette Deu de Vieux-Dampierre —pertencente a unha antiga familia desa cidade— e de Hyacinthe-Cloaud-Félix de Barthélemy, que era subprefecto de Sainte-Menehould, membro do Consello de Estado e comandante da Lexión de Honra.[4][5]

O seu irmán, Edouard de Barthelemy, foi tamén un destacado historiador.[3]

Traxectoria administrativa

[editar | editar a fonte]

Barthélemy estudou Dereito en Poitiers, e logo da súa graduación foi axudante do seu pai como secretario particular na administración de Charente Marítimo. Foi nomeado secretario xeral do departamento de Côtes-d'Armor o 2 de novembro de 1845, cargo que ocupou ata que o Goberno imperial o nomeou subprefecto de Belfort, o 31 de decembro de 1854.[6]

Foi destinado a Neufchâtel o 1 de maio de 1860 mais, ao pouco de se instalar alí, solicitou e obtivo, o 20 de decembro dese mesmo ano, unha excedencia temporal, que acabaría por se converter en definitiva.[7]

Traxectoria erudita

[editar | editar a fonte]

Na súa infancia comezou a coller interese pola numismática; mentres o seu pai administraba o departamento de Saona e Loira, Anatole observou unha moeda gala pouco esperable nunha colección privada de Mâcon, que o levou a escribir un artigo publicado en 1838 na Revue numismatique, dirixida daquela por Louis de La Saussaye. Tiña só 17 anos e foi a súa primeira das numerosas publicacións posteriores.[8]

Logo deste inicio, Anatole de Barthélemy dedicouse aos estudos numismáticos ata a súa morte e deixou publicados dous manuais salientables, un dedicado á Antigüidade e outro á Idade Media e os tempos modernos.[8]

Axiña comezou a ingresar en varias sociedades eruditas, como a Société des Antiquaires de France. Foi nomeado inspector do departamento do Loira e formou parte do consello do noveno Congreso Científico, celebrado en Lión en setembro de 1841, onde leu un informe sobre unha serie de monumentos relixiosos e feudais da antiga provincia de Forez.[8]

En decembro de 1842 ingresou na École Royale des Chartes,[8] e o ano seguinte acadou o diploma de paleógrafo arquiveiro.[9]

O 31 de decembro de 1859 foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra.[7]

Instalado definitivamente en París logo de abandonar a súa vinculación a postos administrativos en 1860, Barthélemy concentrou todos os seus esforzos nos estudos numismáticos e na publicación de artigos sobre ese particular, aínda que aberto tamén a disciplinas afíns, como a arqueoloxía e a historiografía. Retomou e ampliou ata o seu sexto volume unha colección iniciada xa en 1855 con Geslin de Bourgogne, sobre a historia e os monumentos dos bispados da Bretaña; puxo ao día un Nobiliaire d’Alsace; sacou á luz documentos inéditos sobre a Liga Católica na Bretaña, e contribuíu notablemente á fundación da Revue de Champagne e á revitalización da Revue numismatique.[10]

Ao longo da súa longa traxectoria académica, Barthélemy ocupou a presidencia de diversas sociedades eruditas, entre elas a Académie des inscriptions et belles letres, a Société de l'istoire de Paris et de l'Île de France, a Société de l'histoire de France, a Société de l'École des chartes e Société nationale des antiquaires de France.[11]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Anatole de Barthélemy casou con Marie Aubert en 1859, con quen tivo un fillo e unha filla, esta última finada aos tres anos.[4]

En 1900 comezou a ter problemas de saúde,[12] que derivaron no seu falecemento o 27 de xuño de 1904, aos 82 anos,[13] na súa residencia estival de Ville-d'Avray, nos Altos do Sena.[14]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Publicou os seus artigos en varias das publicacións periódicas máis importantes do seu tempo, como a Bibliothèque de l'École des chartes, a Revue archéologique, a Revue numismatique, a Revue des questions historiques e a Revue celtique, acerca de case todos os períodos da historia de Francia. Ademais, publicou tamén algúns traballos monográficos, de entre os que se poden salientar os seguintes:[3][15][16]

  • (1855-1879). Anciens évêchés de Bretagne, histoire et monuments (con J. Geslin de Bourgogne). Dumoulin, / A. Franc.París Vol. I (1855); Vol. II (1856); Vol.III (1864); Vol. IV (1864); Vol. V (1879); Vol. VI (1879).
  1. Thomas, A. (1907). Lámina principal.
  2. Thomas, A. (1907). Páxina 499.
  3. 3,0 3,1 3,2 Chisholm, H. ed. (1911).
  4. 4,0 4,1 Armorial général des d'Hozier, ou Registres de la noblesse de France. Registre septieme. Didot Frères, París. 1868. Páxina 88.
  5. Thomas, A. (1907). Páxina 499.
  6. Thomas, A. (1907). Páxina 502.
  7. 7,0 7,1 Thomas, A. (1907). Páxina 503.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Thomas, A. (1907). Páxina 501.
  9. Collignon, M. (1904). Páxinas 313-314.
  10. Thomas, A. (1907). Páxina 504.
  11. "Barthélémy Jean-Baptiste Antoine Anatole de". Comité des travaux historiques et scientifiques.
  12. Thomas, A. (1907). Páxina 506.
  13. Thomas, A. (1907). Páxina 507
  14. Collignon, M. (1904). Páxina 313.
  15. Thomas, A. (1907). Páxinas 504, 507-511.
  16. "Barthélemy, Anatole de". Regsta Imperii.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]