Saltar ao contido

Amigdalectomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amigdalectomía
Clasificación e recursos externos
Gorxa un día após a amigdalectomía.
ICD-928.2
MedlinePlus003013
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A amigdalectomía, tamén denominada tonsilectomía, é a exéresis ou extirpación cirúrxica das amígdalas palatinas (a súa inflamación coñécese tradicionalmente por anxinas), localizadas no padal, na parte posterior da gorxa. É unha intervención levada a termo por un otorrinolaringólogo. Realízase baixo anestesia e dura uns 30 minutos. É unha operación que se realiza tanto en nenos coma en adultos. A amigdalectomía é unha intervención cirúrxica que ten máis de 3.000 anos de antigüidade[1] na que, tradicionalmente, producíase a extracción de ámbalas dúas amígdalas, unha a cada lado da farinxe, localizadas na chamada fosa tonsilar ou fosa amigdalina.

Esta intervención adóitase levar a cabo en doentes que padecen amigdalites de repetición (da orde de máis de 4 nun ano, máis de 3 por ano durante 2 anos, ou máis de dous ao ano durante tres anos). Outras razóns pola que se indica a extracción das amígdalas son a apnea obstrutiva do sono (doenza que produce ronquido intenso até o punto de impedir respirar correctamente durante o sono), obstrución nasal da vía aérea, afectación diftérica ou abscesos periamigdalinos. En nenos é típico realizar conxuntamente a amigdalectomía xunto coa exéresis das adenoides (adenoidectomía).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • CECHIN Cirurxía das amígdalas.
  1. McNeill RA., RA (1 June 1960). "A History of Tonsillectomy: Two Millenia of Trauma, Hæmorrhage and Controversy". Ulser Medical Journal 29 (1): 59–63. Dispoñíbel aquí