Alexandre de Serpa Pinto
Nome orixinal | (pt) Alexandre Alberto da Rocha de Serpa Pinto |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Alexandre Alberto da Rocha de Serpa Pinto 20 de abril de 1846 Cinfães, Portugal |
Morte | 28 de decembro de 1900 (54 anos) Lisboa, Portugal |
Educación | Universidade de Coímbra Colégio Militar |
Actividade | |
Ocupación | explorador, militar |
Familia | |
Fillos | Carlota de Serpa Pinto |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Alexandre Alberto da Rocha de Serpa Pinto, nado o 20 de abril de 1846 e finado o 28 de decembro de 1900, foi un explorador e administrador colonial portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou no Colexio Militar con dez anos e aos dezasete tornouse no seu primeiro Comandante de Batallón de alumnos.
Serpa Pinto viaxou ata África oriental en 1869 nunha expedición ao río Zambeze. En 1877 explorou a zona entre a costa oeste de Angola e a costa leste de Mozambique, conducindo unha expedición que partiu de Benguela (Angola) e na que figuraban tamén Hermenegildo Capelo e Roberto Ivens. A expedición terminou en 1879 e atravesou as cuncas do río Congo e do Zambeze, Angola e partes das actuais Zambia, Zimbabwe e Suráfrica; era a cuarta travesía africana entre o Atlántico e o Índico. De novo entre 1884 e 1885, outra vez con Capelo, cruzou de Angola a Mozambique.
A expedición de Serpa Pinto tiña como obxectivo facer o recoñecemento do territorio e efectuar o levantamento do mapa do interior do continente africano, para demarcar a zona que Portugal reclamaría para si a través do chamado "mapa cor-de-rosa"; esta intención fallou despois do ultimato británico de 1888.
Foi nomeado cónsul-xeral para o Zanzibar en 1887 e gobernador-xeral de Mozambique en 1889. No desempeño do cargo, a continuación de actividades colonizadoras a prol de Portugal, abriu un conflito co Reino Unido.