Río Zambeze
Tipo | río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
País da cunca | Angola | ||||
Final | |||||
Localización | Océano Índico | ||||
| |||||
Afluentes | Rio Kafue (pt) , Rio Luangwa (pt) , Rio Chire (pt) , Rio Cuando (pt) , Manyame River (en) , Rio Luena (pt) , Kabompo River (en) , Rio Luanginga (pt) , Rio Lungué-Bungo (pt) , Gairezi River (en) , Chongwe (en) , Rio Sapi (pt) , Gwayi River (en) , Sakeji River (en) , Revúboé River (en) , Rio Luia (pt) | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do Zambeze (pt) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 2.574 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.570.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 7.000 m³/s | ||||
O río Zambeze é un longo río da África Austral, o cuarto pola súa lonxitude de todo o continente africano (tras o Nilo, o Congo e o Níxer) e o máis longo dos que desembocan no océano Índico.
Ten unha lonxitude total de 2.574 km. Nace en Zambia, no límite con República Democrática do Congo e Angola, cruza Angola, Zambia Namibia, Zimbabwe e Mozambique, e desemboca no océano Índico, formando un enorme delta.
A súa conca hidrográfica ten unha superficie de 1.390.000 km², a 16ª conca primaria maior do mundo, comprendendo gran parte dos territorios de Malaui, Zambia, Zimbabwe, Angola e Mozambique.
O curso do río Zambeze vese interrompido por numerosos rápidos e fervenzas, polo que soamente é navegable con normalidade dende a cidade de Tete, en Mozambique, ata a súa desembocadura. As maiores interrupcións no seu curso son as Cataratas Chavuma, na fronteira entre Zambia e Angola, as Cataratas Ngonye, preto de Sioma, no oeste de Zambia, e as Cataratas Victoria, as maiores do mundo, con 1.708 metros de extensión e que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1989. A pesar da súa gran lonxitude, só é atravesado por seis pontes: en Chinyingi, Katima Mulilo, as Cataratas Victoria Chirundu, Tete e Caia
Hai dous grandes encoros no río, dedicadas principalmente á produción de enerxía hidroeléctrica: a Presa de Kariba, construída na garganta de Kariba, onde conflúen os ríos Sanyati e Kafue, afluentes do Zambeze, que prové de electricidade a Zambia e a Zimbabwe; e a Presa de Cahora Bassa, que proporciona enerxía á subrexión da África Austral. Hai tamén unha pequena estación hidroeléctrica nas Cataratas Victoria.