Alexandre II de Rusia
Alexandre II, nado en Moscova o 29 de abril de 1818 e finado en San Petersburgo o 13 de abril de 1881, foi Emperador e Autócrata do Imperio Ruso de 1855 a 1881.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do emperador Nicolao I de Rusia e da princesa Carlota de Prusia (que tomaría o nome de Alexandra Feodorovna), naceu en Moscova o 29 de abril de 1818. Casou en 1841 coa princesa María de Hesse e do Rin. Deste matrimonio nacería o seu sucesor, Alexandre. Ao mes de quedar viúvo no 1880 casou en segundas nupcias coa princesa Catherine Dolgoruky, que tomaría o título de Princesa Iurievska. Os fillos habidos desta muller antes do matrimonio foron lexitimados ao pouco de casaren. Alexandre morreu asasinado en San Petersburgo o 13 de marzo de 1881.
Gran Duque de Finlandia
[editar | editar a fonte]En 1863 Alexandre II volveu establecer a Dieta de Finlandia e puxo en marcha varias reformas que aumentaban a autonomía de Finlandia, incluíndo o establecemento dunha moeda propia, o marco finlandés. A liberación da empresa conduciu a un aumento do investimento estranxeiro e a un profundo desenvolvemento industrial. Para rematar, elevou o idioma finés a lingua nacional, equiparándoo ao sueco, posibilitando unha igualdade de oportunidades para unha maior proporción da sociedade. Alexandre II foi considerado como "O Bo Tsar" en Finlandia.
A actitude de Alexandre cara a Finlandia podería ser vista como unha verdadeira crenza de que as reformas serían máis fáciles de probar nun pequeno país homoxéneo que o conxunto de Rusia. O trato benevolente cara a Finlandia tamén pode ser visto como unha recompensa pola lealdade da poboación durante a guerra de Crimea e durante o levantamento polaco. Tamén podería ser un intento de debilitar os fortes lazos que Finlandia mantiña aínda con Suecia.
Intentos de asasinato
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Asasinato de Alexandre II de Rusia.
En 1866 houbo un atentado contra a vida do tsar en San Petersburgo, perpetrado por Dmitri Karakozov. O atentado produciuse no xardín de verán, sendo salvado o tsar por un home que apartou a tempo a arma do terrorista, impedindo así que o emperador recibira algunha ferida. Para conmemorar o feito, construíronse un gran número de capelas e igrexas en moitas cidades do Imperio.
Na mañá do 20 de abril de 1879, Alexandre II ía camiñando cara a Praza da Garda Persoal, cando foi atacado por un estudante chamado Aleksandr Soloviov. Tras ver un revolver nas súas mans, o tsar fuxiu. Soloviov disparou cinco veces, pero fallou e foi condenado a morte e aforcado o 28 de maio dese ano.
O estudante actuou pola súa conta, pero outros revolucionarios estaban desexosos de asasinar a Alexandre. En decembro de 1879, Narodnaia Volia (en ruso Vontade do pobo), un grupo revolucionario radical que ideaba unha revolución social, organizou unha explosión no ferrocarril de Livadia a Moscova, pero non alcanzaron ao vagón do Tsar. Na noite do 5 de febreiro de 1880, o mesmo conxunto revolucionario levou a cabo un atentado nun salón do Palacio de Inverno, pero o tsar volveu a saír ileso, aínda que outras 67 persoas resultaron mortas ou feridas. O comedor tamén resultou danado.[1]
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]O 16 de abril de 1841, Alexandre casou coa princesa María de Hesse-Darmstadt en San Petersburgo, posteriormente coñecida como María Alexandrovna. O tsarévich afirmou estar profundamente namorado da princesa e non aceptou falar doutra candidata. María era filla de Lois II de Hesse-Darmstadt e de Guillermina de Baden, aínda que se dubidaba de se o seu pai era o gran duque ou o amante da súa nai, o barón August von Senarclens de Grancy. O matrimonio tivo seis fillos e dúas fillas:
- Gran Duquesa Alexandra Aleksandrovna (1842-1849). Morta na infancia.
- Gran Duque Nicolao Aleksandrovich (1843-1865), comprometido con Dagmar de Dinamarca.
- Tsar Alexandre III (1845-1894), casado con Dagmar de Dinamarca.
- Gran Duque Vladimiro Aleksandrovich (1847-1909), casado con María de Mecklemburgo-Schwerin. Trala desaparición da rama maior, a de Nicolao II, a súa descendencia converteuse na rama primoxénita da familia. Cuxo xefe é na actualidade a Gran Duquesa María Vladimirovna Romanova.
- Gran Duque Alexis Aleksandrovich (1850-1908), casado con Alexandra Zhukovskaya.
- Gran Duquesa María Aleksandrovich (1853-1920), casada con Alfredo de Saxonia-Coburgo-Gotha.
- Gran Duque Serxio Aleksandrovich (1857-1905), casado con Isabel de Hesse-Darmstadt.
- Gran Duque Paulo Alexandrovich (1860-1919), casado con Alexandra de Grecia, e nun segundo matrimonio con Olga Paléi.
Alexandre tivo moitas amantes durante o seu matrimonio e foi pai de sete fillos ilexítimos recoñecidos. Estes inclúen a Antoinette Bayer (1856-1948), coa súa amante Guillermina Bayer; a Michael Bogdan-Oginski (1848-1909), coa condesa Olga Kalinóvskya (1818-1854); e a Joseph Raboxicz.
O 6 de xullo de 1880, menos dun mes despois da morte da tsarina María, ocorrida o 8 de xuño, Alexandre casou morganaticamente coa súa amante, a princesa Catalina Dolgorúkov, con quen xa tiña catro fillos:
- Xurxo Aleksandrovich Romanov Iúrievski (1872-1913), casado coa condesa Alexandra Zarnekau e logo divorciado.
- Olga Aleksandrovich Romanov Iúrievski (1873-1925), casada co conde Xurxo Von Merenberg.
- Boris Aleksandrovich Iúrievski (1876-1876).
- Catalina Aleksandrovna Romanov Iúrievski (1878-1959), casada primeiramente co príncipe Alexandro Bariatinsky, e en segundas nupcias co príncipe Serge Obolensky.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Radzinsky 2005, p. 415
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandre II de Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Crankshaw, Edward (2000). The Shadow of the Winter Palace: The Drift to Revolution, 1825–1917. Da Capo Press. ISBN 978-0-306-80940-8.
- Eklof, Ben (1994). Russia's Great Reforms, 1855–1881. ISBN 978-0-253-20861-3.
- Lincoln, W. Bruce. The Romanovs: Autocrats of All the Russias (1983) excerpt and text search
- Moss, Walter G., Alexander II and His Times: A Narrative History of Russia in the Age of Alexander II, Tolstoy, and Dostoevsky. Londres: Anthem Press, 2002. online Arquivado 12 de xaneiro de 2006 en Archive.is
- Mosse, W. E. Alexander II and the Modernization of Russia (1958) online Arquivado 13 de agosto de 2017 en Wayback Machine.
- Pereira, N.G.O.,Tsar Emancipator: Alexander II of Russia, 1818–1881, Newtonville, Mass: Oriental Research Partners, 1983.
- Polunow, Alexander (2005). Russia in the Nineteenth Century: Autocracy, Reform, And Social Change, 1814–1914. M E Sharpe Incorporated. ISBN 978-0-7656-0672-3.
- Radzinsky, Edvard, Alexander II: The Last Great Tsar. Nova York: The Free Press, 2005.
- Zakharova, Larissa (1910). Alexander II: Portrait of an Autocrat and His Times. ISBN 978-0-8133-1491-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Nicolao I |
Tsar de Rusia 1855 - 1881 |
Sucesor: Alexandre III |
Predecesor: Nicolao I |
Rei de Polonia 1855 - 1865 |
Sucesor: Unificación do territorio con Rusia Alexandre III |
Predecesor: Nicolao I |
Gran Ducado de Finlandia 1855 - 1881 |
Sucesor: Alexandre III |