Saltar ao contido

Alexander Graham Bell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexander Graham Bell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1847 Editar o valor en Wikidata
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte2 de agosto de 1922 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Beinn Bhreagh, Canadá (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDiabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBeinn Bhreagh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro do consello directivo Instituto Smithsoniano
24 de xaneiro de 1898 – 20 de febreiro de 1922
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBrodhead-Bell-Morton Mansion (en) Traducir (1883–1889) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Royal High School, Bath (en) Traducir
University College de Londres
Royal High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPatologias da fala, linguagem e auditivas (pt) Traducir e telefonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, empresario, inventor, enxeñeiro, enxeñeiro eléctrico, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Smithsoniano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMabel Gardiner Hubbard (1877–1922) Editar o valor en Wikidata
FillosElsie May Grosvenor, Marian Fairchild Editar o valor en Wikidata
PaisAlexander Melville Bell Editar o valor en Wikidata  e Eliza Bell Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1745080 BNE: XX851713 Musicbrainz: 9dd93d09-24b4-41f1-a48b-ef48b07499c3 WikiTree: Bell-115 Find a Grave: 2125 Editar o valor en Wikidata

Alexander Graham Bell, nado en Edimburgo o 3 de marzo de 1847 e finado en Baddeck, Canadá, o 2 de agosto de 1922, foi un científico e inventor escocés. Está considerado, non sen polémica, o primeiro inventor do teléfono.[1] Bell foi tamén responsable de avances importantes na tecnoloxía da aviación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Profesor na Universidade de Bostón,[2] e coa axuda do seu colaborador Thomas Watson, e o patrocinio dos pais de George Sanders e Mabel Hubbard (con quen casaría o 11 de xullo de 1877), inventou o teléfono, un aparello para transmitir o son a longas distancias, grazas á transformación do son en impulsos eléctricos, patentado o 7 de marzo de 1876.[2]

En 1880, Bell recibiu o premio Volta da Academia Francesa de Ciencias. Investiu o diñeiro obtido con este premio (50 mil francos) no desenvolvemento dun novo proxecto, o fotófono, en colaboración con Charles Sumner Tainter. O invento intentaba transmitir o son utilizando un raio de luz, un precursor da fibra óptica. Tamén traballou nun dos primeiros sistemas de gravación de sons coñecido, baseado en imprimir un campo magnético para reproducir sons. A idea foi abandonada ao non poderse construír un prototipo; con todo, os principios básicos atoparían aplicacións prácticas case un século máis tarde, nas cintas magnéticas e as computadoras.

En 1882, Bell obtivo a cidadanía dos Estados Unidos por naturalización. Foi fundador, en 1888, da National Geographic Society, da que foi o seu segundo presidente.

  1. A este repecto, existen diverxencia de opinións, con xente demandando que o italiano Antonio Meucci fora o inventor verdadeiro; así, en xuño de 2002, a Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou un acordo simbólico que recoñecía oficialmente a Meucci polas súas contribucións á invención do teléfono. Amais, outro sector reclama esa honra para Elisha Gray, o fundador da Western Electric Manufacturing Company. Cada un destes homes inventou pola súa conta un teléfono.
  2. 2,0 2,1 "Alexander Graham Bell Laboratory Notebook, 1875-1876". World Digital Library. 1875-1876. Consultado o 2013-07-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]