Alérxeno
Aparencia

Un alérxeno é unha substancia que pode inducir unha reacción de hipersensibilidade alérxica en persoas susceptíbeis que teñan estado en contacto previamente co alérxeno.[1] Esta reacción de hipersensibilidade involucra o recoñecemento do alérxeno como substancia "estraña" e allea ao organismo no primeiro contacto. En exposicións posteriores, o sistema inmunolóxico reacciona á exposición de forma excesiva, coa liberación de substancias que alteran a homeostase do organismo, o que dá lugar aos síntomas propios da alerxia. Xeralmente esta hipersensibilidade está predisposta xeneticamente nalgúns individuos ou familias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alérxeno.