Idiotipo
En inmunoloxía, un idiotipo é un determinante antixénico único atopado nunha molécula de inmunoglobulina nas súas rexións hipervariables (por onde se unen antíxeno e receptor) ou compartido por inmunoglobulinas de especificidade idéntica (coa mesma rexión para a unión ao antíxeno) ou polo receptor TCR. O idiotipo confírelle a un anticorpo a súa especificidade antixénica[1]. A rexión variable dos receptores antixénicos das células T (TCRs) e das inmunoglobulinas das células B contén unha rexión determinante de complementariedade (CDR) cunha estrutura de aminoácidos única que determina a especificidade antixénica do receptor. A estrutura formada polo CDR coñécese como idiotopo, que é un termo que ás veces se usa intercambiablemente con idiotipo. As inmunoglobulinas ou os TCRs que comparten un mesmo idiotopo teñen o mesmo idiotipo.
O idiotipo dun anticorpo está determinado por unha serie de fenómenos que se producen durante o desenvolvemento dos linfocitos, como son:
- Rearranxo de xenes
- Diversidade de unión ou empalme (junctional diversity)
- Introdución de P-nucleótidos (nucleótidos palindrómicos que se colocan nos sitios onde hai roturas dunha soa cadea do ADN)
- Introdución de N-nucleótidos (nucleótidos introducidos encimaticamente)
- Hipermutacións somáticas.
Contra a un idiotipo poden orixinarse ouros anticorpos. Descubríronse cando a un coello se lle inxectaron anticorpos doutro coello (do mesmo alotipo) e empezou a producir anticorpos contra o idiotipo do anticorpo inxectado.
O termo idiotipo empezou a usarse moito en inmunoloxía cando Niels Jerne presentou a súa teoría da rede inmunitaria. Foi galardoado co premio Nobel de Medicina de 1984 principalmente polos seus traballos sobre esta teoría. Jerne definiu idiotipo como o conxunto de epitopos da rexión V dunha molécula de anticorpo, onde epitopo significa determinante antixénico. Tamén definiu "parátopo" como a parte da rexión variable do anticorpo que se une ao antíxeno. A versión máis desenvolvida da teoría da rede inmunitaria denomínase teoría da rede simétrica, na cal a distincipon entre idiotipo e parátopo non ten importancia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MeshName - Immunoglobulin+idiotypes [1]
- Overview at Medical University of South Carolina