Akhaltsikhe
ახალციხე (ka) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Xeorxia | |||
Mkhare (pt) | Samtskhe-Javakheti (pt) | |||
Lista (pt) | Akhaltsikhe Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 16.425 (2016) | |||
Lingua oficial | lingua xeorxiana | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Posof Çayı (en) | |||
Altitude | 1.029 m | |||
Creación | século XII | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 0800 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | akhaltsikhe.gov.ge |
Akhaltsikhe (en xeorxiano: ახალციხე; en armenio: Ախալցխա; en ruso: Ахалцихе; en turco: Ahıska) é unha pequena cidade do suroeste de Xeorxia, capital da rexión de Samtskhe-Javakheti e do distrito homónimo. O nome da cidade significa "nova fortaleza". A poboación era de 17.903 habitantes en 2014, a maioría deles xeorxianos (72%) cunha minoría importante de armenios (27%).
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dos Akhaltsikheli, duques de Meskheti. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal de Jaq'eli.
En 1576 os otománs conquistaron a cidade, e en 1628 pasou a ser o centro do eyalet de Çıldır, co nome de "Ahıska".
En 1828, durante a guerra ruso-turca (1828-1829), as tropas rusas baixo o mando do xeneral Paskevich tomaron a cidade, e como consecuencia do Tratado de Adrianópole de 1829, foi cedida ao Imperio ruso como parte da gobernación de Tiflis.