Saltar ao contido

Aquisgrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aix-la-Chapelle»)
Modelo:Xeografía políticaAquisgrán
Aachen (de) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

HimnoUrbs Aquensis (1165) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°46′34″N 6°05′02″L / 50.7762, 6.0838
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen
Rexión administrativaColónia (pt) Traducir
Asociación especialAachen cities region (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Aachen cities region (en) Traducir
Reino franco (768–843)
Roer (pt) Traducir (1797–1814) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación252.769 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.571,46 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie160,85 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porWurm Editar o valor en Wikidata
Altitude173 m-410 m-125 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
1 de maio de 1248Siege of Aachen (en) Traducir
1614Siege of Aachen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónAsunción de María Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Oberbürgermeister (pt) Traducir Editar o valor en WikidataSibylle Keupen (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal52062, 52063, 52064, 52065, 52066, 52067, 52068, 52069, 52070, 52071, 52072, 52073, 52074, 52075, 52076, 52077, 52078, 52079 e 52080 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0241, 02403, 02405, 02407 e 02408 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDEA21 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña053340002002 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán05334002 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Liexa (1955–)
Montebourg (1960–)
Reims (1967–)
Halifax (1979–)
Toledo (1985–)
Ningbo (1986–)
Naumburg (Saale) (1988–)
Condado de Arlington (1993–)
Cidade do Cabo (2000–)
Sarıyer (2013–)
Cidade do Cabo (2017–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webaachen.de Editar o valor en Wikidata
Twitter: presseamtaachen Instagram: stadtaachen BNE: XX458734 Editar o valor en Wikidata

Aquisgrán[1] (en alemánAachen[ˈʔaːxən] (AFI)De-Aachen-2.ogg escoitar, en fráncico ripuarioOche, en francésAix-la-Chapelle​[ɛkslaʃapɛl] (AFI)) é unha cidade alemá do Land de Renania do Norte-Westfalia localizada xunto á fronteira con Bélxica e os Países Baixos, a 65 km de Colonia, constitúe a cidade máis ao oeste de Alemaña, e levántase a 191 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu punto máis alto é de 410. A poboación é de 260.454 (2011)

Os romanos chamaron ás fontes termais sulfurosas da zona Aquis Granum , e canalizáronas para utilizalas como caldas. Tras a marcha dos romanos estiveron abandonadas ata o século VIII, aparecendo entón co nome de Aquis Villa. No ano 768, Carlomagno chegou a Aquisgrán pola primeira vez, gustoulle a zona e vinte anos despois comezou a construír un palacio, a súa capela palatina vaise converter na catedral de Aquisgrán que comezou a construírse no ano 796 e Carlomagno pasou a maioría dos invernos que van do ano 800 ata a súa morte acontecida en 814 en Aquisgrán para utilizar as caldas. Á súa morte soterrouse na capela.

No ano 936, coroaron a Odón I rei na catedral e desde entón Aquisgrán foi o lugar de coroamento dos reis do Sacro Imperio Xermánico durante os seguintes 600 anos, o último foi Fernando I en 1531. Durante toda a Idade Media Aquisgrán foi unha das cidades máis grandes do Imperio, en 1166 declarárona Cidade Libre Imperial separada do Ducado de Baixa Lorena. En 1668 asinouse o Tratado de Aquisgrán logo da Guerra de Devolución. Despois da Guerra dos Trinta Anos permaneceu tan só como unha cidade de importancia rexional. En 1801 pasou a ser anexionada por Francia pero o Congreso de Viena de 1815 asignouna a Prusia. Cara a 1880 a súa poboación era de 80.000 persoas e era un importante nó de comunicacións ferroviarias, converténdose nun núcleo manufactureiro onde se fabricaba ferro para os ferrocarrís e fibelas, botóns e agullas, destacando ademais en tabaco, e en tecidos de la e seda. Durante a segunda guerra mundial quedou moi danada, destruíndo os bombardeos dous terzos da cidade e foi, o 21 de outubro de 1944, a primeira cidade alemá ocupada polas tropas aliadas.

Economía

[editar | editar a fonte]

Aquisgrán conta con plantas industriais, en especial téxtiles, siderúrxicas e químicas pero recentemente tamén se estableceron empresas tecnolóxicas so o pulo da Universidade Técnica de Aquisgrán, situándose nunha das rexións economicamente máis vigorosas da Unión Europea.

  1. Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.