Adenopatía
Aparencia
Adenopatía | |
---|---|
Instancia de | síntoma ![]() |
Subclase de | doenza inmunolóxica, doenza dos ganglios linfáticos, sinal clínica e síntoma do sistema linfático ![]() |
Especialidade médica | anxioloxía ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
![]() |
Unha adenopatía ou linfadenopatía é un termo que se emprega en medicina para referirse a un trastorno inespecífico dos ganglios linfáticos. Na maioría dos casos, o termo úsase como sinónimo xeneralizado dunha tumefacción, aumento de volume ou inflamación dos ganglios linfáticos, acompañado ou non de febre. Cando o trastorno se debe a unha infección, fálase de adenite e cando a infección ocupa as canles linfáticas, úsase o termo de linfanxite.
Etioloxía
[editar | editar a fonte]As principais causas dos ganglios inflamados son infecciosas ou por cancro.[1] A adenopatía é un signo de moitas doenzas, algunhas delas pouco frecuentes, a gran maioría de natureza benigna (preto do 1% tenden a ser por causas malignas).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adenopatía, Enciclopedia Microsoft® Encarta® Online 2008. Consultado o 11 de xullo de 2008.
- ↑ Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición. "Linfadenopatía". McGraw-Hill. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2021.