Saltar ao contido

Sistema linfático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sistema linfático
Imaxe mostrando o sistema linfático
Latín systema lymphoideum

O sistema linfático é unha rede complexa de órganos linfoides, ganglios linfáticos, condutos linfáticos, tecidos linfáticos, capilares linfáticos e vasos linfáticos que producen e transportan o fluído linfático (linfa) dos tecidos para o sistema circulatorio. O sistema linfático é un importante compoñente do sistema imunolóxico, pois colabora cos glóbulos brancos para a protección contra bacterias e virus invasores.

O sistema linfático posúe tres funcións interrelacionadas:

  • 1 Eliminación dos fluídos en exceso dos tecidos corporais,
  • 2 Absorción dos ácidos graxos e transporte posterior da graxa para o sistema circulatorio e,
  • 3 Produción de células inmunes (como linfocitos, monocitos e células produtoras de anticorpos coñecidas como plasmocitos).

A linfa é un líquido transparente e esbrancazado, levemente amarelado ou rosado, alcalino e de sabor salgado, constituído esencialmente polo plasma sanguíneo, proteínas e por glóbulos brancos. A linfa é transportada polos vasos linfáticos en sentido unidireccional e filtrada nos ganglios linfáticos (tamén coñecidos como nódulos linfáticos). Despois da filtraxe, a linfa é lanzada no sangue, desembocando nas grandes veas torácicas.

Os vasos linfáticos teñen a función de drenar o exceso de líquido que sae do sangue e baña as células. Ese exceso de líquido que circula nos vasos linfáticos e que é devolvido ao sangue é o que se chama linfa.

Circulación linfática

[editar | editar a fonte]

A circulación linfática é responsábel da absorción de detritos e macromoléculas que as células producen durante o seu metabolismo, ou que non conseguen ser captadas polo sistema sanguíneo.

O sistema linfático recolle a linfa por difusión polos capilares linfáticos e retórnaa para dentro do sistema circulatorio. Unha vez dentro do sistema linfático, o fluído é chamado linfa e ten sempre a mesma composición que o fluído intersticial.

A linfa é producida polo exceso de líquido que sae dos capilares sanguíneos ao espazo intersticial ou intercelular, sendo recollida polos capilares linfáticos que drenan aos vasos linfáticos mais grosos até converxir en condutos que se baleiran nas veas subclavias.

A linfa percorre o sistema linfático grazas a débiles contraccións dos músculos, da pulsación das arterias próximas e do movemento das extremidades. Se un vaso sofre unha obstrución, o líquido acumúlase na zona afectada, producíndose un inchazo denominado edema.

Pode conter microorganismos que, ao pasar polos filtros dos gánglios linfáticos e bazo son eliminados. Por iso, durante certas infeccións pódese sentir dor e inchazo nos ganglios linfáticos do pescozo, axila ou virilla, coñecidos popularmente como "ingua".

O sistema linfático humano

Ao contrario do sangue, que é impulsado polos vasos a través da forza do corazón, o sistema linfático non é un sistema fechado e non ten unha bomba central. A linfa depende exclusivamente da acción de axentes externos para poder circular. A linfa móvese lentamente e so baixa presión debido principalmente á compresión provocada polos movementos dos músculos esqueléticos que premen o fluído a través del. A contracción rítmica das paredes dos vasos tamén axuda o fluído a través dos capilares linfáticos. Este fluído é entón transportado progresivamente para vasos linfáticos maiores acumulándose no conduto linfático dereito (para a linfa da parte dereita superior do corpo) e no conduto torácico (para o resto do corpo); estes dous condutos desembocan no sistema circulatorio na vea subclavia esquerda e a dereita. A linfa segue desta forma en dirección ao abdome, onde será filtrada e eliminará as toxinas coa urina e as feces.

Ao camiñarmos, os músculos da perna comprimen os vasos linfáticos, facendo mover a linfa ao seu interior. Outros movementos corporais tamén fan mover a linfa, tales como a respiración, a actividade intestinal e as compresións externas, como a masaxe. Permanecer por longos tempos parado nunha soa posición fai que a linfa teña a tendencia a se acumular nos pés, por influencia da gravidade, causando inchazo.

Función de transporte de ácidos graxos

[editar | editar a fonte]

Os vasos linfáticos están presentes no revestimento do tracto gastrintestinal. En canto a maioría dos outros nutrientes absorbidos pelo intestino delgado son conducidos para seren procesados polo fígado vía portal venoso, as graxas pasan pelo sistema linfático para seren transportadas para a circulación sanguínea vía conduto torácico. O enriquecemento da linfa orixinada nos vasos linfáticos do intestino delgado chámase quimo. Os nutrientes que recupera o sistema circulatorio son procesados polo fígado, tendo pasado a través do sistema circulatorio. A linfa é un sistema dunha vía (fluído intersticial para o sangue).

Órganos linfáticos

[editar | editar a fonte]

O bazo, ganglios linfáticos e acesorios do tecido linfático son órganos secundarios do tecido linfático. Eses órganos conteñen unha armazón que soporta a circulación dos linfocitos T e B e outras células inmunolóxicas tales como os macrófagos e células dendríticas. Cando os micro-organismos invaden o corpo ou el encontra outro antíxeno (tal como o pole), os antíxenos son transportados do tecido para a linfa. A linfa é conducida polos vasos linfáticos para o ganglio linfático rexional. No ganglio linfático, os macrófagos e células dendríticas fagocitan os antíxenos, procesándoos, e presentando os antíxenos para os linfocitos, os cales poden entón iniciar a produción de anticorpos ou servir como células de memoria para recoñecer o antíxeno novamente no futuro.

Patoloxía

[editar | editar a fonte]

Na filaríase, a infección dos vasos linfáticos causa un endurecemento da pel e aumento dos tecidos abaixo da pel, especialmente nas pernas e órganos xenitais.

O linfedema tamén causa inchazo anormal, especialmente nos membros (aínda que poida ocorrer na face, pescozo e abdome). Ocorre se o sistema linfático está lesionado ou subdesenvolvido dalgunha forma.

O sistema linfático tamén pode estar envolvido na metástase tumoral. Con iso, hai diversas investigacións que procuran estudar o mecanismo da linfanxioxénese.

Outra patoloxía relacionada co sistema linfático é a celulite, moitas veces tratada con drenaxes linfáticas e outros métodos que estimulan a circulación da linfa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]