Saltar ao contido

Adana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAdana
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 37°00′09″N 35°18′48″L / 37.00262, 35.31346
EstadoTurquía
ProvinciaProvincia de Adana Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.765.981 (2021) Editar o valor en Wikidata (127,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua turca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie13.844 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porSeyhan River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude23 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal01000–01999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0322 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webadana.bel.tr Editar o valor en Wikidata
Facebook: adana.bel.tr Twitter: Adana_Bld Instagram: adanabld Editar o valor en Wikidata

Adana é unha cidade de Turquía, capital da provincia de Adana, situada na beira do río Seyhan. No ano 2000 tiña 1 130 710 habitantes. É sede da Universidade Çukurova.

A súa importancia estratéxica venlle pola súa situación como porta da chaira de Cilicia, fértil zona agrícola na que Adana constitúe o centro de distribución dos produtos da rexión: algodón, trigo, orxo, uvas, cítricos, olivas e tabaco e centro industrial.

O máis antigo asentamento foi dos hititas, hai uns 3400 anos. No ano 63 a.C. Pompeio o Grande estableceu unha estación do exército romano na estrada que conducía ao leste. Despois da caída do Imperio Romano a cidade decaeu, e foi reconstruída no século VIII por Harun al-Rashid, califa de Bagdad.

Logo de que en 1378 a dinastía turkmena dos Ramazan se fixese co poder na cidade, en 1516 incorporouse ao Imperio Otomán, se ben os Ramazán permanecen no poder ata 1608. En 1832 foi ocupada polos exipcios, e en 1840 restaurouse o goberno otomán.

O masacre de Adana, foi a segundo nunha serie de grandes matanzas de armenios ao longo do Imperio Otomán. As atrocidades cometidas na provincia de Adana en abril de 1909 coincidiron coa contrarrevolución dos partidarios do sultán Abdul Hamid II que fora forzado a restaurar a constitución otomá como resultado da revolución dos novos turcos de 1908. Na cidade de Adana 4 437 armenios foron queimados e 30 000 armenios morreron no distrito, as tentativas armenias de resistencia na cidade resultaron inútiles.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]