Acorde
Aparencia
Disposición de varias notas musicais de tal maneira que cada unha delas mantén unha relación física coa nota fundamental en función do seu intervalo.
Acordes de tríade
[editar | editar a fonte]Os acordes de tríade son unha das características da música occidental. Compóñense de tres notas que forman unha superposición de terceiras: a nota fundamental, a terceira nota seguinte, e a terceira nota a partir desta (ou o que é o mesmo, a quinta nota a partir da fundamental). A orde das notas pode inverterse, sen modificar o carácter da tríade.
As catro tríades que resultan das posibles combinacións son:
- tríade maior = terceira maior + terceira menor
- tríade menor = terceira menor + terceira maior
- tríade aumentada = terceira maior + terceira maior
- tríade diminuída = terceira menor + terceira menor
Acordes de sétima
[editar | editar a fonte]Tamén chamados acordes de catro notas ou cuatríades. Resultan de engadir á quinta dunha tríade unha nova terceira.