Aceite de cociña
O aceite de cociña é graxa de orixe animal ou vexetal que adoita permanecer en estado líquido a temperatura ambiente.
Algúns dos moitos tipos de aceites vexetais son; de oliva, de palma, de soia, de colza, de semente de cabaza, de millo, de xirasol, de cártamo, de cacahuete, de semente de uva, de sésamo, de argán, de farelo de arroz e úsanse para cociñar xunto con outros elementos comestibles.
En cociña, o termo xenérico «aceite vexetal» úsase para etiquetar un produto composto por un aceite concreto (por exemplo o de colza) ou por unha mestura de varios aceites, a miúdo baseada no de palma, millo, soia ou xirasol.
O aceite pode aromatizarse mergullando nel herbas frescas, pementa, allo e outros condimentos durante un período de tempo. Porén, debe terse coidado cando se almacenan aceites aromatizados para evitar o crecemento de Clostridium botulinum (a bacteria que produce as toxinas que provocan o botulismo).
Saúde e nutrición
[editar | editar a fonte]A cantidade axeitada de graxa dentro da dieta diaria é obxecto de certa controversia. Certa cantidade de graxa é precisa na dieta, ademais de ser tamén esencial en moitas técnicas culinarias. A FDA recomenda que un máximo do 30% das calorías consumidas diariamente sexan en forma de graxa. Outros nutricionistas recomendan que non máis do 10% da inxesta diaria de calorías proceda da graxa. En contornas extremadamente frías, unha dieta con até dous terzos de graxa é aceptable e pode de feito ser crítica para a supervivencia.[1][2]
Aínda que o consumo de pequenas cantidades de graxas saturadas é esencial, meta-análises preliminares (1997, 2003) acharon unha forte correlación entre o consumo de cantidades elevadas destas graxas e as doenzas cardiovasculares.[3][4] Sorprendentemente, meta-análises máis recentes (2009, 2010) baseados en estudos cohortes e ensaios controlados e aleatorios acharon un efecto positivo ou neutral ó cambiar o consumo de carbohidratos polo de graxas saturadas como fonte de calorías, e só unha modesta vantaxe ó cambiar de graxas saturadas a poliinsaturadas (do 10% de risco ó 5%).[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Food Pyramid". FDA Consumer. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2006. Consultado o 10 de maio de 2018.
- ↑ "Dean Ornish, MD, Lifestyle Program".
- ↑ Clarke R., Frost C., Collins R., Appleby P., Peto R. "Dietary lipids and blood cholesterol: quantitative meta-analysis of metabolic ward studies" (7074). PMC 2125600. PMID 9006469.
- ↑ Mensink R.P., Zock P.L., Kester A.D., Katan M.B. "Effects of dietary fatty acids and carbohydrates on the ratio of serum total to HDL cholesterol and on serum lipids and apolipoproteins: a meta-analysis of 60 controlled trials" (5). PMID 12716665.
- ↑ Jakobsen MU, O'Reilly EJ, Heitmann BL, Pereira MA, Bälter K, Fraser GE, Goldbourt U, Hallmans G, Knekt P, Liu S, Pietinen P, Spiegelman D, Stevens J, Virtamo J, Willett WC, Ascherio A. "Major types of dietary fat and risk of coronary heart disease: a pooled analysis of 11 cohort studies" (5). PMC 2676998. PMID 19211817.
- ↑ Dariush Mozaffarian, Renata Micha, Sarah Wallace. "Effects on Coronary Heart Disease of Increasing Polyunsaturated Fat in Place of Saturated Fat: A Systematic Review and Meta-Analysis of Randomized Controlled Trials" (3). PMC 2843598. doi:10.1371/journal.pmed.1000252.