Aceite de xirasol
O aceite de xirasol é un aceite de orixe vexetal que se extrae do prensado das sementes do capítulo da planta de xirasol, tamén chamada tornasol, mirasol ou catasol.
Tecnicamente trátase dun conxunto de graxas insaturadas, cardiosaludables (posúe cantidades moderadas de ácido oleico comparado co aceite de oliva), e fonte abundante de vitamina E. Considérase tamén un potente antioxidante.
Historia
[editar | editar a fonte]É orixinaria de América, onde foi cultivada probablemente cara ao 1000 a. C. Desde alí os españois exportárona a Europa a principios do século XVI. O cultivo extensivo e documentado de xirasol en España comezou en 1964 na zona occidental de Andalucía, e na actualidade é o aceite de sementes máis consumido en España e talvez en Europa.
Emprego
[editar | editar a fonte]Culinario
[editar | editar a fonte]Cabe dicir que o aceite de xirasol refinado (o que se compra nos supermercados), é de cor amarela tenue e carece de sabor e cheiro intenso, o "virxe" (sen refinar) de 1ª prensa, ten un aroma intenso moi agradable.
Os restos do procesado dos cariopses de xirasol (cascas e demais restos do procesado para o aceite), utilízanse como alimento para o gando.
Industrial
[editar | editar a fonte]O aceite emprégase como combustible biolóxico para producir biodiésel de automóbiles con motor diésel. É unha alternativa viable ás gasolinas e, mellor aínda, aos gasóleos (xunto co aceite de colza e outros), aínda que con elevados efectos contaminantes, feito que contradí a opinión xeneralizada dos cidadáns. Este aspecto compróbase estudando a combustión do ácido oleico.
Composición de ácidos graxos
[editar | editar a fonte]No mercado atópanse dispoñibles distintos tipos de aceite de xirasol: o normal, cun maior contido en ácido linoleico, e o alto-oleico, con contidos en ácido oleico que poden chegar até o 90%. Ademais, durante a última década as compañías de sementes desenvolveron variedades alto-saturado, que permiten o seu uso en fritura industrial, na fabricación de margarinas, bolería, xeados etc.
Un exemplo da composición de ácidos graxos do aceite de xirasol "normal", por cada 100g., é a seguinte:
- 20,2g. de ácidos graxos monoinsaturados.
- 63,3g. de ácidos graxos poliinsaturados.
- 11,9g. de ácidos graxos saturados.
- 36,8% de ácido linoleico.
- 11,2 % de ácido oleico.
- 15,6g% de ácido finoleico
Beneficios
[editar | editar a fonte]- Un dos principais beneficios de consumir aceite de xirasol é que protexe as células do organismo do cancro que provocan os radicais libres.
- Este aceite é rico en vitamina E, a cal axuda a previr enfermidades como a asma, a artrite reumática e o cancro do colon.
- Reduce o risco de sufrir infartos e tamén queima o colesterol disfuncional.
- A vitamina E presente no aceite de xirasol tamén actúa como un hidratante que axuda ás células a reter auga. Por esta razón úsase moito en produtos de hixiene e en cosmética.
- Por outra banda axuda a prover ao corpo dunha fronteira protectora que resiste calquera invasión infecciosa en bebés pretermo.
Prexuízos
[editar | editar a fonte]O aceite de xirasol ofrece varios beneficios ao corpo humano; con todo, tamén hai prexuízos que debemos coñecer:
- É rico en ácidos graxos polisaturados, que poden reaccionar co organismo oxidando o sangue e danando as arterias.
- O exceso destes ácidos tamén pode elevar os niveis de presión arterial, causando trastornos nos riles e outras complicacións severas.
- O consumo excesivo deste tipo de aceite pode causar obesidade, dores nas articulacións e diabetes.
- Igualmente o exceso na súa inxesta pode provocar cancro de próstata e en mulleres menopáusicas cancro de seo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de aceite de xirasol |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aceite de xirasol |