Steve McQueen (director)
Steven Rodney "Steve" McQueen, nado en Londres o 9 de outubro de 1969 é un director, produtor, guionista e videoartista británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Londres, con orixes na illa de Granada e estudou arte e deseño no Chelsea College of Arts e belas artes na Universidade de Londres onde comezou a interesarse polo cinema. Pasou brevemente pola Universidade de Nova York, pero encontrou os estudos alí pouco experimentais.
O seu primeiro filme importante foi Bear, en 1993, e tras el realizou máis traballos en vídeo, nos que recoñece a influencia da nouvelle vague e dos filmes de Andy Warhol.[1] En 1999 gañou o premio Turner.
Debutou na longametraxe con Hunger, presentada no Festival de Cannes. O seu filme 12 anos de escravitude (2013) gañou o Óscar ao mellor filme, que recolleu el mesmo como produtor, e valeulle a candidatura a mellor director.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Longametraxes
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
2008 | Hunger |
2011 | Shame |
2013 | 12 anos de escravitude |
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1993 | Bear |
1995 | Five Easy Pieces |
1996 | Just Above My Head |
1996 | Stage |
1997 | Exodus |
1997 | Deadpan |
2001 | Girls, Tricky |
2002 | Illuminer |
2002 | Western Deep |
2004 | Charlotte |
2007 | Gravesend |
2009 | Giardini |
2009 | Static |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arifa Akbar. "The British film industry has lost its edge, says BFI boss". The Independent, 2 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Steve McQueen |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brockington, Horace. "Logical Anonymity: Lorna Simpson, Steve McQueen, Stan Douglas." International Review of African American Art 15, No. 3 (1998): 20–29.
- Downey, Anthony. "Steve McQueen: Western Deep and Carib's Leap." Wasafiri, No. 37 (Winter 2002): 17–20.
- Demos, TJ. "The Art of Darkness: on Steve McQueen." October, No. 114 (Fall 2005): 61–89.
- Downey, Anthony. "Steve McQueen: 'Once Upon a Time.'" Journal of Visual Culture, Vol. 5, No. 1 (2006), pp. 119–125.
- Demos, TJ. "Giardini: A Fairytale." In Steve McQueen (British Pavilion, Venice Biennale, 2009).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Steve McQueen na IMDb (en inglés).
- Entrevista con Steve McQueen, MUBI
- Thomas Dane Gallery: Steve McQueen Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- Perfil en BBC
- Steve McQueen en re-title.com