Pocahontas
Para o artigo referido á película, ver Pocahontas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1596 Werowocomoco (Tsenacommacah) |
Morte | marzo de 1617 (20/21 anos) Gravesend (Reino de Inglaterra) |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | St George's Church, Gravesend (en) |
Grupo étnico | Pobo powhatan |
Relixión | Anglicanismo |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | John Rolfe (1614–1617), morte da persoa Kocoum (1610–1613), morte do cónxuxe |
Fillos | Thomas Rolfe () John Rolfe |
Pais | Xefe Powhatan e Nonoma Winanuske Matatiske |
Irmáns | Nantequaus |
Cronoloxía | |
Batismo do crente (pt) | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Native American Women: A Biographical Dictionary The Nuttall Encyclopædia >>>:Pocahontas |
Mataoka, coñecida como Pocahontas ou Amonute, nada en 1595 e finada o 21 de marzo de 1617 en Londres, foi a filla máis vella do Xefe Powhatan, xefe da confederación algonquina en Virxinia.
Foi capturada polos ingleses durante as hostilidades anglo-indias de 1613. Durante o tempo que estivo presa, converteuse ao cristianismo e mudou o seu nome por Rebecca. Cando tivo a oportunidade de volver coa súa xente escolleu quedar cos ingleses. En abril de 1614, con 17 anos, casou co empresario do tabaco, John Rolfe, e en xaneiro de 1615 deu a luz ao seu fillo Thomas Rolfe.[1]
En 1616 os Rolfe viaxaron a Londres e Pocahontas foi presentada perante a sociedade inglesa como exemplo de "salvaxe civilizada", coa esperanza de obter máis investimento no asentamento de Jamestown. Converteuse nunha celebridade, recibiu honores e asistiu a unha mascarada no palacio de Whitehall. En 1617, os Rolfe dispoñíanse a volver a Virxinia pero Pocahontas morreu en Gravesend por causas descoñecidas, aos 20 ou 21 anos.
En lingua algonquina, o seu verdadeiro nome era Matoaka, pero entre os powhatan era común ter varios nomes para diferentes situacións polo que se coñecía tamén polos alcumes de Pocahontas, que en algonquino significa pequena licenciosa e Amonute.
Numerosos lugares e produtos nos Estados Unidos levan o seu nome. A súa historia foi idealizada ao longo dos anos e plasmada en arte, literatura e cine. Varios filmes foron realizados baseados en maior ou menor medida na súa vida como The New World, de Terrence Malick, ou as versións de Disney en Pocahontas (1995) e Pocahontas II (1998). Moitas personalidades dos Estados Unidos teñen afirmado ser descendentes dela, a través do seu fillo Thomas, como a primeira dama Edith Wilson, muller do presidente Woodrow Wilson, o actor Glenn Strange, o cantante Wayne Newton ou o astrónomo Percival Lowell.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia de Pocahontas". www.nps.gov (en inglés). Servizo Nacional de Parques. Consultado o 13 de novembro de 2018.
- ↑ "Pocahontas: fantasía e realidade". www.slate.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2018.