Immune Epitope Database and Analysis Resource
Immune Epitope Database and Analysis Resource | |
---|---|
Tipo | base de datos en liña, medical database e banco de dados biológicos |
Na rede | |
http://www.iedb.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Immune Epitope Database and Analysis Resource ou IEDB (Base de datos de epítopos inmunes e recurso de análise) é un proxecto científico realizado en La Jolla Institute for Allergy and Immunology (LIAI), coa axuda de National Institute of Allergy and Infectious Diseases (NIAID) dos Estados Unidos, que forma parte dos National Institutes of Health (NIH) e o Department of Health and Human Services (HHS). O seu obxectivo é a diseminación de información sobre epítopos inmunes para facilitar a xeración de novas ferramentas de investigación, técnicas de diagnóstico, vacinas e terapias.
Base de datos
[editar | editar a fonte]A IEDB contén datos relacionados con anticorpos e epitopos de células T para os humanos, primates non humanos, roedores e outros animais. A curación dos datos relacionados con patóxenos de prioridade das categorías A, B, C e D da NIAID (incluíndo o da gripe) e enfermidades infecciosas emerxentes e reemerxentes da NIAID é unha das de máis alta prioridade e está sendo posta ao día decote. Ademais, tamén están sendo curados os epítopos doutros axentes infecciosos, alérxenos e autoantíxenos.
A base de datos tamén contén datos de unión ao complexo maior de histocompatibilidade (MHC) dunha variedade de fontes antixénicas e datos de epítopos inmunes das bases de datos FIMM (Brusic), ligando HLA (Hildebrand), TopBank (Sette), e unión ao MHC (Buus). Estas bases de datos e os seus investigadores son recoñecidos como uns grandes contribuídores á IEDB.
Ferramentas
[editar | editar a fonte]Ademais das bases de datos, a páxina web da IEDB alberga un Recurso de Análise, que contén unha colección de ferramentas para predicir e analizar epítopos.