National Institutes of Health
National Institutes of Health (NIH), en galego, Institutos Nacionais da Saúde, é o nome dun grupo de institucións do goberno dos Estados Unidos cuxos obxectivos céntranse na investigación médica.
O grupo ten as súas oficinas centrais en 9000 Rockville Pike, Bethesda, Maryland.
Programas de investigación
[editar | editar a fonte]O NIH leva a cabo a súa propia investigación científica a través do seu Intramural Research Program (Programa de Investigación Intramural, IRP) e subministra importantes fondos de investigación biomédica a institucións de investigación non pertencentes aos NIH a través do seu Programa de Investigación Extramural.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As raíces dos NIH remóntanse ao Marine Hospital Service a finais da década de 1790, que daba asistencia médica a homes enfermos e discapacitados da Armada dos Estados Unidos de América (USS Navy).
Contra 1870, a rede de hospitais navais desenvolvérase considerabelmente, e colocouse baixo o mando dun oficial médico dentro da Oficina do Departamento do Tesouro. A fins da década de 1870, o Congreso asignou fondos para investigar as causas de epidemias como o cólera e a febre amarela, e creu a Xunta Nacional de Saúde, facendo da investigación médica unha iniciativa oficial do goberno.[3]
Fundados en 1887, os NIH representan hoxe en día un dos grupos de centros de investigación médica máis grandes do mundo, e son o referente federal dos Estados Unidos no ámbito da saúde pública.
Comprenden un conxunto de 27 centros e institutos separados, e son, en conxunto, unha das oito[Cómpre clarificar] axencias do Servizo Público de Saúde que, á súa vez, forma parte do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: National Institutes of Health |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés).