Zurro
Aparencia
O zurro,[1] xurro[2] ou ludro[3] é un produto líquido constituído por unha mestura de dexeccións sólidas e líquidas e de produtos de alimentación animal, en cantidades variables, xeralmente cun contido de auga superior ó 85% en peso.
A almacenaxe de zurro en depósitos non axeitados, o seu uso como fertilizante en épocas inadecuadas, dadas as características físico-químicas do solo en cada estación, ou a vertedura directa ós cursos fluviais e á rede pública poden provocar accidentes ou a contaminación das augas superficiais e subterráneas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zurro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xurro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ludro.