Xutos & Pontapés
Xutos & Pontapés | |
---|---|
Xutos & Pontapés nun concerto en 2007 | |
Orixe | Setúbal, Lisboa, Portugal |
Período | 1978 - act. |
Xénero(s) | Punk rock, new wave, folk rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music |
Membros | Kalú Tim João Cabeleira Gui |
Antigos membros | Zé Leonel Francis Zé Pedro |
Na rede | |
xutos.pt | |
Xutos & Pontapés é unha banda de rock portuguesa formada en 1978 e que continua vixente hoxe en día, sendo recoñecida como unha das máis importantes de Portugal.
Historia
[editar | editar a fonte]En decembro de 1978, Zé Pedro, Kalú, Tim e Zé Leonel forman Xutos e Pontapés, dando o primeiro concerto o 13 de xaneiro de 1979, con Zé Leonel na voz, Tim no Baixo, Zé Pedro na guitarra e Kalú na batería, na sala Alunos de Apolo para a conmemoración dos 25 anos do Rock and Roll.[1]
En 1981 entra o guitarrista Francis e sae Zé Leonel, ocupando Tim as funcións de baixista e vocalista. En 1982, editan o seu primeiro álbum, 78/82. Na década de 1990, o grupo entra nunha crise interna, ao comezar os seus integrantes outros proxectos. Tim integra os Resistência, Zé Pedro e Kalu abren o bar Johnny Guitar e entran na banda de Jorge Palma, Palma's Gang, con Flak e Alex, os dous do Rádio Macau.
En 2004 os seus membros foron condecorados polo Presidente da República Jorge Sampaio co grado de Comendador da Orde do Mérito. Nese mesmo ano dan dous concertos no Pavilhão Atlântico de Lisboa para celebrar os seus 25 anos de carreira.
Membros
[editar | editar a fonte]Actuais
[editar | editar a fonte]- Kalú (batería) (1978 - act.)
- Tim (baixo e vocalista) (1978 - act.)
- João Cabeleira (guitarra) (1983 - act.)
- Gui (saxofón) (1984 - 1990, 2004 - act.)
Antigos
[editar | editar a fonte]- Zé Leonel (vocalista) (1978 - 1981)
- Francis (guitarra) (1981 - 1983)
- Ricardo Delgado (teclado), invitado por Leonel en 1981
- Zé Pedro (guitarra rítmica) (1978 - 2017)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografia". xutos.pt (en portugués).