Saltar ao contido

Wikipedia:Guía/Ligazóns internas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:G/LI
Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

As ligazóns internas son as ligazóns que, nun artigo da Galipedia, ligan cara a outros artigos da Wikipedia, e son moi importantes. Estas ligazóns, fáciles de crear, axudan a un mellor acceso á información relacionada co artigo que se está a ler, favorecendo a utilidade da Wikipedia.

Cando (non) ligar

É moi útil engadir ligazóns aos artigos, pero demasiadas ligazóns poden distraer. Isto é o motivo polo que só se debería ligar a primeira aparición dunha palabra. As seccións principais poden ter máis ligazóns.

A observación doutros artigos da Wikipedia pódeche axudar a aprenderes cando engadir ligazóns. Olla a páxina dos artigos de calidade para obteres unha lista de artigos de alta calidade.

Como ligar as páxinas

Para facer unha ligazón a outra páxina da Wikipedia (chamada ligazón interna), pon o texto entre dous corchetes, deste xeito:

[[Bugallo]] = Bugallo

Se queres ligar un artigo, pero mostrar outro texto na ligazón, podes conseguilo engadindo unha barra vertical (|) seguida do texto alternativo. Por exemplo:

[[Burro|Equus asinus]] = Equus asinus

Tamén podes facer que a ligazón leve ata unha sección específica:

[[Cruceiro#Orixe|orixe dos cruceiros]] = orixe dos cruceiros

Se queres que o texto da ligazón se amose en cursiva ou negra, insire os dobres corchetes dentro dos apóstrofos correspondentes segundo o que desexas obter. Así:

''[[Cantares gallegos]]'' = Cantares gallegos

Páxinas de homónimos

Na Wikipedia existen as páxinas de homónimos, que son páxinas que listan unha serie de artigos con títulos iguais, é dicir, páxinas co mesmo título, pero que non poden ter o mesmo título na Wikipedia. Para iso crease a páxina de homónimos (por exemplo Cabo) e as súas entradas con retrousos Cabo (xeografía) e Cabo (rango).

Pero ten coidado con algunhas páxinas, xa que a páxina de homónimos vai co retrouso (homónimos), por exemplo, Miño (homónimos); e sen retrouso e un artigo normal, como Miño que apunta ao artigo sobre o concello da provincia da Coruña, mentres que río Miño é o título do artigo sobre o río máis importante de Galicia.

Ademais, hai tamén páxinas de homónimos que non son artigos, pero que conteñen ligazóns a artigos con títulos similares. Algunhas como Lima (homónimos) son obvias, xa que teñen o retrouso (homónimos), mentres que outras como abellón usan títulos xenéricos. Estes títulos fan que a barra vertical sexa especialmente útil, xa que un artigo titulado Cadrado (álxebra) é moito menos lexible que Cadrado.

Cómpre comprobar as ligazóns para aseguráreste de que apuntan cara ao artigo correcto. Podemos axudarnos coa ferramenta de detector de homónimos, que resalta de amarelo unha palabra cando liga cara a unha páxina homónima. A ferramenta actívase en

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Categorías

Tamén podes (e debes) incluír o artigo nunha categoría con outros dun tema relacionado. Simplemente escribe [[Categoría:]] e pon o nome da categoría entre os dous puntos e os corchetes de peche.

É moi importante inserir unha ou varias categorías correctas para que os demais poidan atopar facilmente o teu traballo. A mellor maneira de decidir que categorías lle acaen mellor é revisar as que levan os artigos relacionados. Por exemplo, se redactas un artigo sobre un tipo de árbore, terías que mirar outro artigo sobre outro tipo de árbore para ver que categorías poderían ser as axeitadas.

Para obter máis información vai á páxina sobre as categorías.
Proba o que aprendiches na zona de probas

Continúa a guía coa cita das fontes