Wang Yue
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 2009 |
Morte | 21 de outubro de 2011 (2 anos) Foshan, República Popular da China (pt) |
Causa da morte | morte accidental, atropelo |
Cronoloxía | |
21 de outubro de 2011 | death of Wang Yue (en) |
Wang Yue (王悦), tamén coñecida como "Xiao Yue Yue" (小悅悅, "pequena Yue Yue"), nada en 2009 e finada o 13 de outubro de 2011, foi unha nena chinesa que foi atropelada mortalmente por dous vehículos en Foshan, Guangdong. Mentres se desangraba na estrada durante máis de sete minutos, até 18 persoas percorreron a rúa pasando xunta o seu corpo, ignorándoa. Finalmente foi axudada por unha persoa que estaba a traballar recollendo lixo e foi enviada ao hospital onde sucumbiu ás súas feridas e morreu oito días despois. O incidente foi capturado na súa totalidade por unha cámara de vixilancia e o vídeo foi lanzado en Internet, o que provocou reaccións na China e no estranxeiro. Algúns medios consideraron que isto era un indicativo dunha crecente apatía na sociedade chinesa contemporánea.[1]
O accidente
[editar | editar a fonte]Wang, de dous anos, saíu da súa casa en Foshan mentres a súa nai recollía a roupa durante unha tormenta. As cámaras de vixilancia mostraron á nena nunha rúa do mercado, estreita e concurrida. Momentos despois de aparecer na pantalla, Wang foi atropelada por unha furgoneta branca e pasou por baixo da súa roda dianteira. O condutor parou uns segundos pero non baixou. Despois comezou de novo lentamente e esmagouna de novo a Wang coa súa roda traseira. Despois, até 18 persoas pasaron por diante de Wang ignorándoa, algunhas parando para mirala antes de continuar. Despois dun tempo, outro gran camión atropelou as súas pernas co seu pneumático dianteiro e traseiro. Finalmente foi axudada por unha persoa que estaba a traballar de colector de residuos, Chen Xianmei (陈贤妹). No vídeo vese que Wang chora, sostén a cabeza, move os brazos e as pernas e sangra abundantemente.[2] Os seus pais, Wang Chichang e Qu Feifei, optaron por non culpar a ninguén da morte da súa filla[3] Qu dixo: "Chen representa o mellor da natureza humana, o lado máis amable e natural".[3]
Os condutores dos dous vehículos foron detidos pola policía nos días seguintes ao suceso.
Caso xudicial
[editar | editar a fonte]O 26 de maio de 2012, Hu Jun, que conducía a furgoneta que golpeou a Wang por primeira vez, foi a xuízo en Foshan pola morte de Wang. Declarouse culpable do delito de tráfico pero non do homicidio, dicindo que a nena se tiña botado enriba do vehículo e que el non tiña feito nada malo.[4] O 6 de setembro de 2012, Hu foi condenado por homicidio a 3 anos e medio de prisión. O feito de que pagase parte das facturas médicas de Wang foi un atenuante, despois dixo que se ela vivise tería que ter pagado dez veces ese importe.[5][6]
Reacción pública
[editar | editar a fonte]O vídeo do incidente mostrouse nunha canle de televisión local e despois foi publicado en liña. Desatou reaccións en todo o mundo[7], e provocou ducias de editoriais e milleiros de publicacións en redes sociais, a maioría criticando a insensibilidade e crueldade dos que pasaron por diante de Wang Yue sen axudala.[6][8][9].
Anteriormente, tiña habido outros incidentes na China, como o incident Peng Yu en 2006 [10][11], onde os bos samaritanos que axudaban a persoas feridas en accidentes foron acusados de ferir a propia vítima e, en moitos casos, víronse obrigados a pagar facturas médicas pola vítima. Algunhas reaccións explican que puido causar que a xente teña medo de meterse en problemas ao axudar a Wang.[2]
O líder do Partido Comunista Provincial de Guangdong, Wang Yang, cualificou o incidente de "unha chamada de atención para todos". O sitio Sina Weibo tivo máis de 4,5 millóns de publicacións sobre o incidente en poucos días e lanzou unha campaña en liña contra a apatía social. Segundo os informes, entre as poucas persoas identificadas dos 18 transeúntes visibles nas imaxes da cámara, varias foron acosadas e ameazadas.
En novembro de 2011, os resultados dunha enquisa do China Youth Daily, xornal oficial xuvenil do Partido Comunista, mostrou que o 80% dos mozos enquisados afirmaron seguir o caso de preto e o 88% dos enquisados pensaba que Wang morrera por mor da crecente indiferenza social [na China] duns para os outros. A maioría, o 71%, tamén pensaba que as persoas que ignoraran ao neno tiñan medo de meterse en problemas.[12] Segundo un artigo de Chen Weihua, editor adxunto de China Daily: "Varias enquisas nas últimas semanas demostraron que a maioría dos entrevistados cren que a nosa moral diminuíu severamente durante a última década".[13]
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Segundo o China Daily, polo menos 10 departamentos e organizacións do Partido e do goberno de Guangdong, incluíndo a comisión política e xurídica provincial, a federación de mulleres, a academia de ciencias sociais e a Liga da Xuventude Comunista, iniciaron discusións para castigar a aqueles que se neguen a axudar ás persoas en perigo.[14]
Os funcionarios provinciais cantoneses, xunto con numerosos avogados e traballadores sociais, tamén mantiveron tres días de reunións na capital provincial de Guangdong, Guangzhou, para discutir o caso. Tense informado de que diversos lexisladores da provincia elaboraron unha "lei sobre bos samaritanos", que " penalizaría ás persoas que non axuden en tal situación e compensaríalles por accións legais se os seus esforzos fosen en balde".[1] Os expertos xurídicos e o público debateron a idea antes das conversas oficiais.[9] O 11 de agosto de 2013, a primeira lei do bo samaritano do país entrou en vigor en Shenzhen.[15]
Aínda que a atención se concentrou principalmente nos transeúntes que non axudaban a Wang, un xornalista británico quixo entrevistar a outros comerciantes do mercado onde tivo lugar o incidente, sen éxito. Descubriu que a zona estaba poboada maioritariamente por emigrantes doutras provincias chinesas (os propios Wang viñeran de Shandong sete anos antes). Segundo o autor, había pouco sentido de comunidade entre os habitantes. Un veciño dixo: "É moi triste que non falemos realmente entre nós".[16]
Outros Incidentes
[editar | editar a fonte]Os medios de comunicación percibiron e reflectiron a apatía chinesa despois da morte de Wang Yue; outro incidente ocorreu en Hangzhou cando unha muller tentou suicidarse saltando a un lago mentres algúns espectadores estaban presentes na beira do lago. Despois de constatar que ninguén intentaba salvar á muller, unha turista uruguaia chamada María Fernanda Gómez Arregui nadou até a muller para sacala fóra da auga.[17] Funcionarios do goberno chinés anunciaron que María Fernanda recibiría unha recompensa en metálico de 3.000 yuans pola súa heroica exhibición de " valores tradicionais chineses".[18] O rescate recibiu unha gran cobertura dos medios grazas ás fotografías de Wang Ronggui[19] que contrastan coa falta de acción dos espectadores na morte de Wang Yue[20], e outras mortes similares ocorreron na mesma época.[21]
Outros incidentes posteriores na China seguiron comparándose coa morte de Wang Yue. En decembro de 2012, un neno de cinco anos chamado Yan Zhe foi atropelado por un microbús na provincia de Zhejiang. Malia as súplicas da nai, outros condutores e viandantes negáronse a axudala. Finalmente foi trasladado ao hospital pero morreu no camiño.[22]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 LATimesBlogs, L. A. Times (2011). "toddlers-death-evokes-outpouring-of-grief-and-guilt" (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 "National Post; chinese-toddler-whose-hit-and-run-sparked-global-outrage-dies-in-hospital/.". nationalpost (en inglés). Consultado o 2022-08-19.
- ↑ 3,0 3,1 "Chinese hit-and-run toddler dies". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "HuffPost - Breaking News, U.S. and World News". HuffPost (en inglés). Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Yueyue-Wang-Yue-light-sentence". nydailynews.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 "News/ World-Asia-Pacific". BBC (en inglés).
- ↑ "CBS News;". cbsnews.com.
- ↑ "Can-video-Yue-Yue-toddler-left-for-dead-change-China?". foxnews.com.
- ↑ 9,0 9,1 "articles". wsj.com (en inglés).
- ↑ "Common sense decency and crowd". www.danwei.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ "ignored-toddler-doesnt-tell-the-whole-story-about-china". www.theglobeandmail.com (en inglés).
- ↑ "Youths search their souls after Yue Yue's death - China.org.cn". www.china.org.cn. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Opinion". chinadaily.com.cn.
- ↑ "Law mulled to make aid compulsory". usa.chinadaily.com.cn. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Shenzhen introduces Good Samaritan law". South China Morning Post (en inglés). Invalid Date. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "As Chinese hit-and-run girl dies, passersby claim they did not see her". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "7633050". english.peopledaily.com.cn (en inglés).
- ↑ "Hangzhou_government_to_reward_urugu". shanghaiist.com (en inglés). 2022-05-03. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "American Woman Saves a Drowning Chinese Woman in West Lake". ChinaWhisper (en inglés). 2011-10-18. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Chinese told they've got to try a little kindness". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2011-11-11. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ Twitter (2011-11-04). "After shocking incidents, Chinese struggle to instill kindness". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Is there a conscience there?: Chinese boy hit by minibus ignored by passers-by". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2012-12-13. Consultado o 2022-08-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: China |