Viño de Madeira
O madeira ou viño de Madeira (vinho Madeira) é un viño fortificado procedente do arquipélago de Madeira de Portugal, este viño é famoso tanto polo seu uso como bebida como polo seu uso na cociña para elaborar diversos pratos da cociña portuguesa.
Historia
[editar | editar a fonte]A produción de viño de Madeira remonta case á época da descuberta da illa (1419). As primeiras castas foron introducidas por Henrique, duque de Viseu, e foran importadas de Candia (capital de Creta, Grecia). Máis tarde foron introducidas outras castas, como a tinta negra mole, a sercial, a boal, a verdello e a malvasía.
A produción de viño foi estimulada pola necesidade de abastecer os navíos nas rotas do Atlántico para o Novo Mundo e para a India, e pola presenza dos ingleses na illa, que fixeron que o viño fose coñecido en toda a Europa e América, tornándose o viño preferido en banquetes e mesas requintadas das cortes europeas e nas respectivas colonias. Por exemplo, foi con viño de Madeira con que o 4 de xullo de 1776 se brindou a independencia dos Estados Unidos de América.
Hai varias historias curiosas sobre o viño de Madeira en referencias literarias dende o século XV, que axudan a reforzar a aura de viño especial en Inglaterra. Un caso coñecido é o da obra Henrique IV de William Shakespeare, na cal Falstaff foi acusado de trocar a súa alma por unha pata de polo e un cálice de viño de Madeira.
O Madeira coñeceu períodos de grande proxección internacional interpolados de situacións de crise. Os períodos de crise máis serios foron provocados por patoloxías que minguaron os viñedos (oídio en 1852, e a filoxera en 1872). Hoxe, coas técnicas modernas de vitivinicultura, transporte, divulgación e comercialización, recuperou a credibilidade e a aceptación no mercado internacional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viño de Madeira |
Libros
[editar | editar a fonte]- Liddell, Alex (1998). "Madeira". Faber & Faber. ISBN 0-571-19096-0
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Web do "Instituto do Vinho, do Bordado e do Artesanato da Madeira" Arquivado 20 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en portugués)
- Madeira Wine Guide by Dr. Wolf Peter Reutter
- Máis información sobre o viño de Madeira
- Artigo sobre o viño de Madeira na revista Adega Arquivado 25 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en portugués)