Venstre, Danmarks Liberale Parti
Venstre, Danmarks Liberale Parti | |
---|---|
Acrónimo | V e V |
Tipo | Agrarianismo nórdico |
Ideoloxía | liberalismo conservador, Liberalismo clásico e agrarianismo |
Data de fundación | 1870 |
Presidente/a | Troels Lund Poulsen (pt) (2023-) |
Nº de membros | 30.791 (2020) |
Nº de empregados | 35 |
Sede | Søllerød e Copenhague |
Enderezo | Søllerødvej 30, Søllerød, 2840 Holte |
País | Dinamarca |
Na rede | |
https://venstre.dk e https://venstre.eu | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Venstre, oficialmente chamado Venstre, Danmarks Liberale Parti, que en galego sería Esquerda, Partido Liberal de Dinamarca malia que a súa ideoloxía sexa de centro dereita[1], é o máis grande dos partidos políticos de Dinamarca.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi fundado con base no liberalismo e é membro da Internacional Liberal e senta co Partido Europeo Liberal Demócrata Reformista no Parlamento Europeo. Nas eleccións parlamentarias do 2007 recibiu o 26% dos votos e obtivo 46 de 179 escanos. Estivo liderado na primeira década do século XX por Anders Fogh Rasmussen, secretario xeral da OTAN e autor do libro "Fra Socialstat til Minimalstat" (Do Estado Social ao Estado Mínimo), e dende 2008 goberna en coalición co Partido Popular Conservador, con apoio do Partido Popular Dinamarqués.
Dende 2009, o primeiro ministro dinamarqués e actual líder nacional de Venstre é Lars Løkke Rasmussen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historicamente, en Dinamarca houbo dous grandes partidos, Venstre e Hojre (Esquerda e Dereita). Hoxe o primeiro correspóndese co Partido Liberal e o segundo cos conservadores, que manteñen o hojre no seu nomel oficial. Así se explica que nacesen, á esqueda ideolóxica de Venstre, outros partidos como Socialitisk Folkeparti, Socialdemokraterne ou a propia Radikale Venstre.