Vasa vasorum
Aparencia
Denomínase vasa vasorum ao conxunto de arterias de pequeno calibre que nutren a outras grandes arterias. Por exemplo, son vasa vasorum aquel conxunto de capilares que irrigan a aorta.
Nas arterias de grande calibre, as capas musculares e de tecido conxuntivo son de moito grosor, deseñadas para soportar moita presión. A presión na aorta acada ata os 120 milímetros de mercurio. Nestas condicións, o sangue arterial non pode nutrir o tecido que conforma as propias arterias. Por iso, existen redes de capilares que discorren polo groso do vaso, para nutrilo dende dentro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wheater's. Histología funcional (en castelán)