Saltar ao contido

Vannes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVannes
Gwened (br) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Alcumecité des Vénètes Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°39′18″N 2°45′42″O / 47.655, -2.7617
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
Defense and Security zone of France (en) TraducirWestern defense and security zone (en) Traducir
RexiónsBretaña
DepartamentoMorbihan
Distritosarrondissement of Vannes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación54.420 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.684,83 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921890 Traducir
Q3551178 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie32,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMarle (en) Traducir e Vincin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude22 m-0 m-56 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal56000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webmairie-vannes.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: MairieDeVannes Twitter: MairieDeVannes Instagram: villedevannes LinkedIn: mairie-de-vannes Editar o valor en Wikidata

Vannes (en bretón: Gwened, e en galó: Van), é un concello francés situado na costa sur da Bretaña. Está situada na Baixa-Bretaña e é a prefectura do departamento do Morbihan. Centro económico e destino turístico, cunha poboación de 52.683 habitantes (2007), é a quinta cidade da Bretaña. A cidade está construída en anfiteatro no fondo do golfo de Morbihan. A cidade antiga está rodeada de murallas e agrúpase ao redor da catedral San Pedro.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Vannes está situada no sur-centro da Bretaña, na ribeira norte do golfo de Morbihan, no estuario da Marle. Pódese dicir que é á vez unha cidade do interior e da costa, pois está na beira do golfo de Morbihan e dista 15 km do océano Atlántico.

Vannes desenvolveuse ao redor do centro histórico que se encontra na confluencia de tres outeiros: o outeiro do Mené onde está a parte intra-muros da cidade, o outeiro de Boismoreau onde está o barrio Saint-Patern e o outeiro de Garenne onde están a prefectura e a sede do conseil géneral do Morbihan.

A porta Saint Vincent, principal porta de entrada da cidade antiga, queda xunto ao porto deportivo ao que se accede por un canal de 1.500 m até a ponte de Kérino.

Vannes benefíciase cun clima oceánico, caracterizado por invernos suaves e choivosos e veráns frescos e relativamente húmidos. A media é de 1.829 horas de sol ao ano.

Comunicación

[editar | editar a fonte]

Xa na antiguidade Darioritum estaba situada na estrada do Océano, vía romana que unía Lión e Brest. A capital dos venetas era unha encrucillada importante de onde saían seis vías romanas, cara Locmariaquer (na entrada oeste do golfo de Morbihan), Hennebont, Corseul, Rennes, Rieux e Arzal, con desvío até Port-Navalo (na entrada leste do golfo). Encóntrase na encrucillada entre o eixe Nantes-Brest, formado pola A82 que a conecta coas principais cidades da Bretaña: Brest, Quimper, Lorient, Saint-Nazaire e Nantes. Rennes, a capital administrativa da rexión da Bretaña, está a 114 km. A estación de tren, construída en 1862.

A vila galorrománica Darioritum foi fundada a finais do século I ane, na elevación de Boismoreau, dominando a ría e organizada ao redor dun amplo forum, centro administrativo e político do territorio véneto. O porto situado na parte baixa da vila favorecía a actividade comercial da ‘‘civitas’’. A finais do século III a construción dun castro impónse sobre a elevación veciña de Mené.

A principios do século V pasa a chamarse ‘‘Venetis’’, nome procedente dos venetas, galos vencidos por César en 56 ane. Durante moito tempo escribiuse ‘‘Vennes’’ e ‘‘Gwened’’ en bretón.

Nos séculos XII e XIII iniciouse a reconstrución da catedral, a edificación da ‘‘cohue’’[1] o mantemento da muralla... estruturándose unha rede viaria ao redor destes grandes edificios.

Tras o conflito dinástico que arrasa a Bretaña na segunda metade do século XIV os duques da familia de Monfort escollen Vannes como lugar de residencia. O duque Jean IV (1365-1399) mandou construír o castelo de Hermine e ampliar o recinto urbano que pasou así de cinco a dez hectáreas, estendéndose cara ao porto. A finais da idade media Vannes era unha das principais cidades da Bretaña.

En 1485 o duque François II crea en Vannes o primeiro parlamento da Bretaña. As sesións celébranse en Château Gaillard.

En 1488 o exército do duque François II é vencido polo exército francés en Saint-Aubun-du-Cornier, preto de Rennes. Os sucesivos matrimonios da súa filla, a duquesa Ana da Bretaña, cos reis de Francia Charles VIII e Lois XII intentaron pór fin á independencia da Bretaña. Pero en Vannes, en agosto de 1532, o rei François I reuniuse cos parlamentarios bretóns para decidir un tratado de Unión Perpetua que foi ratificado algúns meses máis tarde no castelo de Plessis-Macé en Anjou.

Entre 1675 e 1689 o exilio do parlamento da Bretaña, forzado a abandonar Rennes por Vannes, deu impulso a novas construcións, sobre todo na parte sur da cidade amurallada.

Alcanzou o rango de prefectura do Morbihan en 1791.

Na segunda metade do século XIX dous factores provocaron a urbanización do arrabalde: a chegada do ferrocarril en 1862 e, despois de 1870, a instalación de dous rexementos de artillaría. Constrúense novos edificios públicos (prefectura, casa do concello). Despois da segunda guerra mundial iniciouse un forte crecemento.

  • A Universidade de Bretagne-Sud, creada en 1995, ten un campus en Vannes.[2]

Monumentos e sitios históricos

[editar | editar a fonte]

Vannes ten a gategoría de Cidade de Arte e Historia e alberga numerosos monumentos e lugares culturais de primeiro orde. Ten 272 monumentos clasificados ou inscritos no inventario dos monumentos históricos.

O concello é unha cidade florida[3], obtivo catro flores en 2008 e a distinción Gran Premio na clasificación 2007 no certame das cidades e vilas floridas.

  • As casas da zona antiga. As típicas casas do casco antigo da cidade, as máis antigas do século XV, mostran a arquitectura característica da idade media, coas súas fachadas de palla-barro con entramados de vigas de madeira á vista.
  • Catedral Saint-Pierre. Clasificada como monumento histórico dende 1906. Foi reconstruída no século XV sobre a situación da primitiva catedral románica. A fachada occidental, de estilo neogótico, foi reconstruída no século XIX.

Eventos culturais e festividades

[editar | editar a fonte]
  • Festi’Vannes, festival de música fundado en 2002. Desenvólvese nos bares do centro da cidade durante o mes de abril, aberto a todos os estilos de música.
  • Semaine du Golfe, festa marítima que ten lugar cada dous anos a semana antes da Ascensión nos concellos do litoral do Golfo de Morbihan.
  • Feira do libro da Bretaña, en xuño, nos xardíns das murallas, creado en 2008.
  • Festas históricas de Vannes, en xullo, recreando os grandes períodos da historia da cidade.
  • Jazz en Vannes, en xullo-agosto, festival de música jazz creado en 1980.
  • Festas de Arvor, en agosto, poñen en valor a cultura bretoa.
  • Festival O mar en imaxes, exposición de fotos mariñas.
  • Motocultor Festival, a finais de agosto

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Na idade media esta palabra é utilizada no oeste de Francia para nomear os lugares de mercado.
  2. "Université de Bretagne-Sud". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2018. 
  3. "Ville fleurie". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 28 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]