Uttar Pradesh
Uttar Pradesh é un estado da India, situado no norte do país. Cunha superficie de 236.286 km², é o quinto estado mais extenso; e cunha poboación de 199,581.477 habitantes, é o estado mais habitado. A súa capital administrativa e lexislativa é a cidade de Lucknow, mentres que a súa capital xudicial é a cidade de Allahabad. Outras cidades importantes do estado son Agra, Benarés e Kanpur.
O nome do estado pode traducirse como "Estado do Norte". Uttar significa "norte", e Pradesh significa "estado" ou "rexión".
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Uttar Pradesh é un dos destinos turísticos máis importantes da India. O estado recibe cada ano mais de 70 millóns de visitantes domésticos, e preto dun 25% dos turistas estranxeiros que visitan o país. Os dous centros turísticos máis importantes do estado son Agra e o río Ganxes.
Agra posúe un atractivo arquitectónico de primeiro nivel para os turistas estranxeiros, pois nela atópanse 3 monumentos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como son o Taj Mahal, o Forte de Agra e o Fatehpur Sikri.
Pola súa banda, o río Ganxes atravesa varias das cidades santas máis importantes do hinduísmo dentro do estado de Uttar Pradesh, como Benarés, Ayodhya, Mathura, Vrindavan e Allahabad, que compoñen un circuíto de peregrinación que atrae a xente de todo o país.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uttar Pradesh |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |