Saltar ao contido

Unidade de masa atómica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O dalton (símbolo Da) ou unidade de masa atómica (símbolo u) é unha unidade de masa empregada en física e química, especialmente na medida de masas atómicas e moleculares. Equivale á doceava (1/12) parte da masa dun átomo de carbono-12. No Sistema Internacional de Magnitudes (ISO 80000-1), dáse como único nome o de dalton e desaconséllase o de unidade de masa atómica unificada.[1] O dalton desprazou como medida a unidade de masa atómica (símbolo uma, ou amu), que tiña dous valores.


  1. ISO 80000-1:2009. Quantities and units, part 1, General (International System of Quantities).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]