Tressis
O tressis (voz latina) foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, de tempos da República, emitida nos séculos III e I a. de C., co valor de tres ases.[1][2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]Esta moeda emitiuse inicialmente en dúas ocasións en bronce fundido durante o século III a. de C., na República de Roma: a primeira delas en torno ao ano 260 a. de C. e a segunda arredor de 215 a. de C., ambas saídas dos obradoiros monetarios de Roma.[4][5]
A marca de valor destas moedas consistía en tres liñas verticais (unha por cada ás).[6] Nos seus anversos amosan o busto da deusa Roma ollando á dereita. Nos seus reversos, os tressis da primeira emisión exhiben unha roda con seis raios e a marca de valor, en tanto que os da segunda emisión amosan a tradicional proa de barco característica da moeda romana de bronce desta época.[7][8][9]
Coincidindo coa introdución do denario en 211 a. de C. foi retirada da circulación, debido a que o seu grande tamaño dificultaba moito o seu uso.
Porén, o tressis reviviu monetáneamente no século I a. C., xa ao final da época republicana, nesta ocasión xa non fundida, senón cuñada, ao ser emitida entre o 38 e o 37 a. de C. polos prefectos da frota de Marco Antonio.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tressis". En Amandry (2001).
- ↑ "Tressis". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ "Tressis Arquivado 06 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Vecchi, Italo. Italian Cast Coinage. Glossary of Terms. London Ancient Coins Ltd. 2013. Páxina 11. ISBN 978-0-9575784-0-1
- ↑ "Tressis". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ "Tressis". En Harl, Kenneth W. Roman Economy. 300 B.C. to A.D. 700. Glossary. The Johns Hopkins University Press. Baltimore/Londres, 1996. Páxina 483. ISBN 0-8018-5291-9
- ↑ "Tressis". En Roman bronze coins. www.moneta-romanae.com
- ↑ "Tressis". En Crawford, M. H. (1974)
- ↑ Fotografías e descricións de tressis. En Coinage of the Roman Republic Online.
- ↑ Descrición e fotografía dun tressis Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. British Museum.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Tressis".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tressis |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699
- Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press, 1974. ISBN 0-521-07492-4
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3
- Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305
- Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003.
- Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8