Torrelodones
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Capital | Torrelodones (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.115 (2023) (1.195,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 21 km² | ||||
Altitude | 844 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Santa María | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Elena Biurrun Sainz de Rozas | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28250 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28152 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | torrelodones.es |
Torrelodones é un concello español do noroeste da Comunidade de Madrid. Está situado a 29 km de Madrid, entre a Serra de Guadarrama e a área metropolitana da capital.
Encóntrase a unha altitude media de 845 metros sobre o nivel do mar. Limita ao norte con Hoyo de Manzanares, ao leste con Madrid a través do monte El Pardo, ao sur con Las Rozas de Madrid e ao oeste con Galapagar. Segundo datos oficiais de poboación de 2014, habitan en Torrelodones 22.838 persoas, distribuídas en sete núcleos de poboación.
A localidade posúe un interesante patrimonio artístico e natural e forma parte de dúas rutas turísticas da Comunidade de Madrid. Unha delas é a Ruta Imperial, que segue parcialmente o camiño histórico empregado no século XVI polo rei Filipe II nos seus desprazamentos dende a cidade de Madrid ata o Real Sitio do Escorial. A outra é a Ruta polos Castelos, Fortalezas e Atalaias, á que queda vinculada pola atalaia de Torrelodones, unha torre-vixía de orixe andalusí.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torrelodones |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |