Saltar ao contido

The School for Scandal (Barber)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The School for Scandal, Op. 5, é unha abertura do compositor estadounidense Samuel Barber. O seu título refírese á obra teatral de Richard Brinsley Sheridan The School for Scandal, e a abertura de Barber pretende reflectir o espírito da obra. A obra dura en torno aos 8 minutos.[1]

Composta en 1931, foi a primeira composición de Barber para orquestra completa, realizada cando o compositor estaba a rematar oas seus estudos no Curtis Institute of Music de Filadelfia.[1][2][3] A súa estrea tivo lugar o 30 de agosto de 1933 coa Philadelphia Orchestra baixo a dirección de Alexander Smallens,[4] durante un concerto ao aire libre no Robin Hood Dell de Philadelphia ante unhas 8.000 persoas. Cando se estreou a obra Barber se encontraba nas súas habituais vacacións en Italia, enterándose posteriormente da representación.[3]

A abertura axudou a Barber a conseguir reputación nacional e converteuse nos anos '50 nunha obra interpretada regularmente no repertorio das orquestras estadounidenses. A obra gañou o Joseph H. Bearns Prize da Universidade de Columbia en 1933.[5]

A versión completa da abertura foi gravada pola Saint Louis Symphony Orchestra baixo a batuta de Leonard Slatkin polo selo discográfico EMI.

Características

[editar | editar a fonte]

A obra, estruturada en forma sonata, caracterízase pola brillantez orquestral e por unha serie de cambios no tempo e a dinámica. A adaptación que Barber fai da obra teatral sérvese das diferentes cores que lle proporciona a orquestra para suxerir distintas personaxes e emocións.[6]

A abertura, en forma sonata, comeza exaltada cun acorde áspero e disonante ao que seguen pasaxes melódicos desordenados. Esta suposta desorganización pronto cede a un tema principal que conduce a un enérxico ostinato. O segundo tema comeza como un solo de óboes que é acompañado polas harmonías das cordas, para que posteriormente o clarinete peche a exposición. As pasaxes cantabile das madeiras proporcionan contraste ás liñas longas, vigorosas nas cordas. Volve o tema inicial e todos os temas son oídos unha vez máis. A obra finaliza cunha coda bailada enxeñosa e brillante coas cordas en pizzicato, con ventos coloridos, que transmite a alegría de vivir da comedia costumista.[3][6]

Instrumentación

[editar | editar a fonte]
Instrumentación de The School for Scandal[5]
Madeiras
2 Frautas, piccolo, 2 óboes, corno inglés, 2 clarinetes, clarinete baixo, 2 fagots,
Metais
4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns, tubas
Percusión
Timpani, bombo, pratos, ferriños, campás
Cordas
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, arpas
Tegra
Celesta
  1. 1,0 1,1 Brewer, Roy. "Description: The School for Scandal, overture for orchestra, Op. 5". allmusic. Consultado o 2010-12-13. 
  2. Overture to “The School for Scandal” (1931) en www.musicsalesclassical.com
  3. 3,0 3,1 3,2 "sasymphony.org" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2012. Consultado o 07 de novembro de 2013. 
  4. Notas ao programa Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine. da Arkansas Symphony Orchestra
  5. 5,0 5,1 "Samuel Barber: Overture of "The School for Scandal", Op. 5" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 07 de novembro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Barber: The School for Scandal Arquivado 15 de agosto de 2011 en Wayback Machine. no blog da Detroit Symphony Orchestra

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]