Teatro grego antigo
O teatro ou drama grego antigo foi unha cultura teatral que floreceu na Grecia antiga a partir do 600 a. C. No seu centro estaba a cidade Estado de Atenas, que se convertera nunha poderosa potencia cultural, política e militar nesa época.
O propio teatro foi institucionalizado como parte dun festival chamado Dionisias (o deus Dioniso era homenaxeado nese festival). A traxedia (tragōida, a finais do 500 a. C.), a comedia (490 a. C.) e o teatro satírico (creado por Simónides de Amorgos e Arquíloco e seguido por Aristófanes, Bión e Luciano de Samosata entre outros) foron os tres xéneros de drama creados nesa época. Atenas exportou o festival ás súas numerosas colonias.[1]
Máscaras
[editar | editar a fonte]O termo grego antigo para máscara ou careta é prosopon (literalmente, "cara"), e foi un elemento significativo no culto a Dioniso, probabelmente usado en rituais e celebracións atenienses. A maioría dos restos proceden dalgunhas pinturas raras sobre vasillas de cerámica grega do século V a. C., como a máscara do deus pendurada dunha árbore; e, así mesmo, o barco Pronomos, no que se mostra aos actores preparándose para unha obra satírica. Desde entón non nos chegaron vestixios nin restos útiles, porque as máscaras eran de material orgánico e non estaban feitas para durar: ao final, quedaban no altar de Dinisio como agasallo, despois das obras de teatro. Porén, sabemos que as máscaras se utilizaron desde a época de Esquilo e adoitan considerarse unha convención emblemática do teatro grego clásico.
Pola súa banda, tamén se fixeron máscaras para os integrantes do coro, que tamén facían parte da acción e comentaban os feitos. Aínda que adoitaban ser doce ou quince membros no coro da traxedia, as máscaras que levan todos son as mesmas, porque se considera que interpretan o mesmo personaxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cartwright, Mark. "Teatro griego antiguo". Enciclopedia de la Historia del Mundo (en inglés e castelán). Consultado o 2024-10-31.
Vexase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia e artigos do teatro grego antigo (en inglés)
- Lección de teatro 1: O teatro grego antigo (arquivado)
- Teatro Grego Antigo (arquivado)
- Arquivo do Teatro Antigo, arquitectura do teatro grego e romano – Dr. Thomas G. Hines, Departamento de Teatro, Whitman College
- Glosario do teatro grego e romano (en inglés)
- Teatro Grego Ilustrado - Dr. Janice Siegel, Departamento de Clásicos, Hampden–Sydney College, Virxinia
- Base de datos de monólogos para actores do teatro grego antigo
- Logeion: A Journal of Ancient Theatre ; de acceso gratuíto, publica artigos académicos orixinais, incluíndo a súa recepción no teatro moderno, a literatura, o cine e outras formas de arte e medios de comunicación, así como a súa relación co teatro doutras épocas e rexións xeográficas.
----
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |