Saltar ao contido

Taxiquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTaxiquistán
Ҷумҳурии Тоҷикистон (tg)
Тоҷикистон (tg) Editar o valor en Wikidata

HimnoHimno Nacional de Taxiquistán Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°35′00″N 71°22′00″L / 38.58333, 71.36667
CapitalDushanbe Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.504.000 (2021) Editar o valor en Wikidata (66,42 hab./km²)
Lingua oficialLingua taxica
lingua rusa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie143.100 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Ismail Samani (7.495 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Sir Daria (300 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de setembro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataEmomalii Rahmon Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataKokhir Rasulzoda (pt) Traducir (2013–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Suprema do Tajiquistão (pt) Traducir , (Escano: 97) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Tajikistan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal8.937.805.347 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedasomoni Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+5 (pt) Traducir
Asia/Dushanbe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dominio de primeiro nivel.tj Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+992 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísTJ Editar o valor en Wikidata

BNE: XX453273

Taxiquistán (en taxico: Тоҷикистон), oficialmente a República de Taxiquistán (en taxico: Ҷумҳурии Тоҷикистон, Jumhurii Tojikiston) é un país montañoso e sen saída ó mar que se atopa en Asia Central, cunha área de 143 100 km² e unha poboación estimada de 9 275 828 persoas (2019).[1] Ten fronteiras con Afganistán polo sur, a China polo leste, Kirguizistán polo norte e Uzbekistán polo oeste. A patria tradicional do pobo taxico inclúe a actual Taxiquistán así como partes de Afganistán e Uzbekistán.

O territorio que hoxe constitúe Taxiquistán foi o fogar de numerosas culturas da antigüidade, como a cidade de Sarazm[2] do Neolítico e da Idade de Bronce, e despois foi dominado por diferentes reinos gobernados por pobos de diversas fes e culturas, incluíndo a civilización de Oxus, a cultura de Andrónovo, o budismo, o nestorianismo, o zoroastrismo, o maniqueísmo e o islam. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio aqueménida, o Imperio Sasánida, os Imperio Heftalita, o Imperio Samánida, o Imperio Mongol, a Dinastía Timúrida, o Khanato de Bukhara, o Imperio Ruso, e posteriormente a Unión Soviética. Dentro da Unión Soviética, delimitáronse as fronteiras modernas do país, formando parte da República Socialista Soviética de Uzbekistán como unha república autónoma antes de converterse nunha república soviética de pleno dereito en 1929.[3]

O 9 de setembro de 1991, Taxiquistán converteuse nunha nación independente e soberana logo da disolución da Unión Soviética. Case inmediatamente despois da independencia produciuse unha guerra civil, que durou dende 1992 até 1997. Dende o remate da guerra, a estabilidade política e a axuda exterior permitiron que a economía do país comezase a medrar. Ó igual que outros países veciños de Asia Central, o país, liderado polo Presidente Emomali Rahmon dende 1994, foi criticado por numerosas organizacións non gobernamentais polo seu liderado autoritario, a falta de liberdade relixiosa, a corrupción e as violacións dos dereitos humanos.

Taxiquistán é unha república presidencialista dividida en catro provincias. A maioría da poboación do país pertence ó grupo étnico taxico,[4] que fala o taxico (unha variedade do persa). O ruso é empregada como lingua de comprensión entre etnias. Malia que o estado é constitucionalmente secular, o islam é practicado polo 98% da poboación. No óblast de Badaghxán Montañoso, de Taxiquistán, malia a súa escasa poboación existe unha gran diversidade lingüística, onde o ruxaní, o xugní, o ixcaximí, o vakhí e o propio taxico son algunhas das lingua faladas. As montañas cobren o 90% do país. Ten unha economía de transición que é altamente dependente da produción de aluminio e algodón. Taxiquistán é membro das Nacións Unidas, da Comunidade de Estados Independentes, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, da Organización para a Cooperación Islámica, da Organización de Cooperación Económica, da Organización de Cooperación de Shanghai e da Organización do Tratado da Seguridade Colectiva, así como da Asociación para a Paz da OTAN.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Pobo taxico.

Taxiquistán quere dicir "Terra dos taxicos". O sufixo "-stán" é o termo persa para "terra dos"[5] ou "país"[6] e taxido é o nome da tribo preislámica (anterior ó século VII).[7] De acordo co "1997 Country Study of Tajikistan" da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, é difícil afirmar a orixe da verba "taxico" porque o termo é "envolto en disputas políticas do século XX sobre se os pobos turcos ou iranianos eran os habitantes orixinais de Asia Central."[7]

Política

[editar | editar a fonte]

O parlamento está constituído por dúas cámaras: a Cámara baixa, chamada Majilisi Namoyandagon e a Cámara alta, chamada Majlisi Oli.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa de Taxikistán
Vista satélite de Taxiquistán

División administrativa

[editar | editar a fonte]
Provincias de Taxiquistán

O Taxikistán está dividido en tres provincias (вилоят viloiat /vilo'jat/, plural вилоятҳо viloiatgho /vilo'jatxo/) e máis unha provincia autónoma (вилояти мухтор viloiati mughtor /vilo'jati mux'tor/) :

  1. Provincia de Sogdiana Вилояти Суғд, número 1 no mapa, capital Ghuxand Хушанд (Xushand).
  2. Dushanbe Душанбе e Distrito Subordinado da República Ноҳияҳои тобеи Жумҳурӣ (Nohiyahoi tobei Jumhurii), número 2 no mapa, capital Dushanbe.
  3. Provincia de Ghatlón Вилояти Хатлон (Xatlon), no mapa número 3, capital Curgonteppá Қурғонтеппа (Qurghonteppa).
  4. Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso Вилояти Мухтори Куҳистони Бадахшон (Viloyáti Muxtori Kuhistoni Badaxshón), no mapa número 4, capital Ghorug Хоруғ (Xorugh).

Nota : a cada provincia séguelle o nome do seu centro administrativo entre parénteses.

A rexión que contén a capital Dushanbe é independente a nivel administrativo, non ten estatuto de provincia pero si un sistema similar.

Cada provincia está dividida en distritos (ноҳия nohiia /,no'hija/, en plural ноҳияҳо nohiiaho /,no'hijaho/) e á súa vez subdivididos en жамоат xamoatos (que equivalen ás nosas "parroquias"), e logo en vilas.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Taxiquistán.

O Taxiquistán é o país máis pobre da ex-Unión Soviética (URSS) e ademais un dos máis pobres do mundo. As fontes de ingresos, ligadas á exportación do algodón e do aluminio, son precarias e fan a economía vulnerable aos mercados exteriores.

No 2000, a axuda internacional era esencial para soster os programas de rehabilitación, onde se comeza a reintegrar os antigos combatentes da guerra civil dentro da sociedade. A axuda internacional foi igualmente necesaria para limitar a caída da produción de alimentos, consecuencia dun segundo ano de seca. Mais en agosto do 2001, a Cruz Vermella anunciou o comezo da fame en Taxiquistán, e apelou á axuda internacional.

Transporte

[editar | editar a fonte]

A maioría dos sistemas de transportes foron construídos durante a era soviética e dende esa era o sistema foise deteriorando por mor dos insuficientes investimentos e mantementos das infraestruturas. Nin o sistema soviético nin a infraestrutura posteriormente construída se dirixiu á división topográfica entre as rexións do norte e do sur do país. A comezos do ano 2005 unha serie de proxectos sobre transportes principais procurou corrixir este problema. O primeiro dos proxectos, o Túnel de Anzob, que se rematou en 2006, une a estrada de Dushanbe co norte de Taxiquistán, resolvendo o problema que existía anteriormente de incomunicación cada inverno. O transporte aéreo é considerado non fiable.[8]

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

O sistema ferroviario conta soamente con 480 quilómetros de traxectos, todos de vía ancha. O sistema de ferrocarrís conecta os principais centros urbanos do oeste de Taxiquistán coas vilas principais nas veciñas Uzbekistán e Turkmenistán. No ano 2000 unha nova liña conectou as cidades do sur de Curgonteppa (Qurghonteppa) e Kulob. O tránsito de pasaxeiros polo Taxiquistán viuse dificultado polos fracasos periódicos dos ferrocarrís taxicos de pagar tarifas de tránsito e por cuestións de seguridade.[9]

Estradas e autoestradas

[editar | editar a fonte]
Traballadores chineses construíndo unha ponte na estrada entre Dushanbe e Ghuxand.

O Taxiquistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das que a gran maioría foron construídas antes de 1991. Unha artería principal percorre de norte a sur a través das montañas entre a cidade de Ghuxand (Xushand), no noroeste, e Dushanbe. Unha segunda arteria vai ao leste dende Dushanbe a Ghorog (Xorogh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso e logo ao nordés a través das montañas á cidade de Ox (Oş) en Kirguizistán. Debido a que a ruta Ghuxand–Dushanbe estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte Taxquent (Taşkent) (Uzbekistán) e puntos do norte con Afganistán e Paquistán ao sur, vía Taxiquistán.

A China investiu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infraestruturas en Taxiquistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución.[10]

A mediados do 2005 comezou a construción dunha ponte sobre o río Panxe (Panj) ata Afganistán a cal foi finaciada polos Estados Unidos de América abríndose a ponte en agosto de 2007[11], e pídense proxectos para a construción de varias pontes que unan o Taxiquistán co sur.[12]

Gasodutos e oleodutos

[editar | editar a fonte]

Taxiquistán conta cun gasoduto de 549 quilómetros que leva gas natural dende Uzbekistán ata Dushanbe e leva gas entre lugares de Uzbekistán polo noroeste de Taxiquistán. O Taxiquistán tamén conta cun oleoduto duns 38 quilómetros.[13]

Portos e canles

[editar | editar a fonte]

Taxiquistán non ten acceso ao mar e non conta con canles interiores navegables.[14]

Aeroportos

[editar | editar a fonte]

No ano 2007 o Taxiquistán contaba con 26 aeroportos, dos que 18 tiñan pavimentadas as pistas de aterraxe e dous con pistas de aterraxe de máis de 3.000 metros.[11] O aeroporto máis grande é o de Dushanbe que ten só uns poucos voos con destinos internacionais. Uns poucos voos unen Dushanbe con Taxquent (Taşkent) que é o aeroporto máis achegado que ofrece conexións coa maioría de destinos europeos. Os seguintes aeroportos máis grandes son o de Ghuxand (Xujand) e o de Kulob. A compañía estatal Tajikistan Airlines que conta cun rexistro de seguridade cuestionable, ofrece voos a outros países de Asia Central coa excepción de Uzbekistán, e voos semanais á Alemaña e a Rusia.[15]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Taxiquistán.
Poboación de Taxiquistán
Ano Millóns
1950 1,5
2000 6,2
2019 9,2

No 2019, Taxiquistán tiña unha poboación de 9 275 832 persoas,[1] das cales o 70% teñen menos de 30 anos e o 35% están entre os 14 e os 30 anos.[16] Os taxicos que falan a lingua taxica (unha variedade do persa) son o principal grupo étnico, aínda que existen minorías importantes de uzbekos e rusos, cuxos números están minguando por mor da emigración.[17] Os pamiris de Badakhshan, unha pequena poboación do pobo yagnobi, e unha importante minoría de ismailis son considerados como pertencentes ó grupo étnico taxico. Tódolos cidadáns do país son chamados taxiquistanos.[18]

En 1989, os rusos representaban o 7,6% da poboación, mais a súa presenza caeu até o 0,5% despois da guerra civil, que motivou a emigración rusa.[19] A poboación étnica alemá de Taxiquistán tamén declinou por mor da emigración dende o colapso da Unión Soviética. O seu punto máis alto foi de 38 853 persoas en 1979.[20]

O taxico é a lingua oficial.[21] O ruso é usado en negocios e polo goberno, pero coma nas outras ex-repúbicas soviéticas está en retroceso, mostrando máis interese pola lingua inglesa. O xugní é falado na zona preto de Ghorug (Xorugh, en xugní Xaragh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso. Tamén se falan o sariculí, o ´vakhí, o bartanguí, o ruxaní e o iazgulomí.

Relixión

[editar | editar a fonte]

Son musulmáns nun 90% - 97% (a maioría sunnita e seguida polo xiísmo), os cristiáns son un 2.5% (a maioría cristiáns ortodoxos), o resto un 0.5% (incluíndo zoroastrismo, Bahá'í, budismo, Hare Krishna, xudaísmo etc) [22][23][24]

  1. 1,0 1,1 "Tajikistan Population". Consultado o 25 de novembro de 2019. 
  2. "Proto-urban Site of Sarazm". UNESCO.org. UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2014. 
  3. Bergne, Paul (2007) The Birth of Tajikistan: National Identity and the Origins of the Republic, IB Taurus & Co Ltd, pg. 39-40
  4. "Tajikistan Ethnic groups". indexmundi.com. Consultado o 25 de novembro de 2019. 
  5. "What's the Story Behind All the 'Stans?". About.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2013. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  6. "-Stan". Online Etymology Dictionary. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  7. 7,0 7,1 A Country Study: Tajikistan, Ethnic Background. Library of Congress Call Number DK851. K34 (1997)
  8. Tajikistan country profile. Biblioteca do Congreso Federal Research Division (Xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  9. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  10. [1] Arquivado 20 de agosto de 2008 en Wayback Machine. TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)
  11. 11,0 11,1 CIA World Factbook. Tajikistan Arquivado 31 de marzo de 2001 en Wayback Machine.
  12. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  13. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  14. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  15. Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
  16. Tajikistan: Building a Democracy (video) Arquivado 11 de abril de 2016 en Wayback Machine., United Nations, marzo de 2014
  17. Russians left behind in Central Asia Arquivado 11 de setembro de 2013 en Wayback Machine., Robert Greenall, BBC News, 23 de novembro de 2005.
  18. CIA World Factbook. Tajikistan Arquivado 31 de marzo de 2001 en Wayback Machine.
  19. Tajikistan – Ethnic Groups Arquivado 7 de decembro de 2010 en Wayback Machine.. Fonte: U.S. Library of Congress.
  20. Russian-Germans in Tajikistan Arquivado 20 de agosto de 2009 en Wayback Machine.. Pohl, J. Otto. "Russian-Germans in Tajikistan", Neweurasia, 29 de marzo de 2007.
  21. Constitución da República de Taxiquistán, 6 de novembro de 1994, Artigo 2.
  22. "CIA Factbook - Tajikistan". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2001. Consultado o 24 de agosto de 2008. 
  23. "Religious Freedom - Tajikistan". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006. Consultado o 24 de agosto de 2008. 
  24. International Religious Freedom Report 2007 - Tajikistan

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kamoludin Abdullaev e Shahram Akbarzadeh, Historical Dictionary of Tajikistan, 3rd. ed., Rowman & Littlefield, 2018.
  • Shirin Akiner, Mohammad-Reza Djalili e Frederic Grare, eds., Tajikistan: The Trials of Independence, Routledge, 1998.
  • Richard Foltz, A History of the Tajiks: Iranians of the East, Londres: Bloomsbury Publishing, 2019.
  • Robert Middleton, Huw Thomas e Markus Hauser, Tajikistan and the High Pamirs, Hong Kong: Odyssey Books, 2008 (ISBN 978-9-622177-73-4).
  • Nahaylo, Bohdan e Victor Swoboda. Soviet Disunion: A History of the Nationalities problem in the USSR (1990) excerpt
  • Kirill Nourdhzanov e Christian Blauer, Tajikistan: A Political and Social History, Canberra: ANU E-Press, 2013.
  • Rashid, Ahmed. The Resurgence of Central Asia: Islam or Nationalism? (2017)
  • Smith, Graham, ed. The Nationalities Question in the Soviet Union (2nd ed. 1995)
  • Monica Whitlock, Land Beyond the River: The Untold Story of Central Asia, Nova York: St. Martin's Press, 2003.
  • Tajikistan's border crossings & flights: how to get in and out, INDY GUIDEArquivado 13 de novembro de 2019 en Wayback Machine., 2018