Tabari
Nome orixinal | (ar) محمد بن جرير الطبري |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 839 (Gregoriano) (>838) Amol (Abbásida) |
Morte | 923 (83/84 anos) Bagdad (Abbásida) |
Lugar de sepultura | Al Rahbi Park (en) |
Residencia | Amol (pt) Exipto Rey (pt) Bagdad |
Relixión | Islam, Sunnismo e Jariri (escola de jurisprudência islâmica) (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escolas de teoloxía islámica e tafsir (pt) |
Ocupación | historiador, escritor, alfaquí, filósofo, poeta |
Alumnos | Al-Qaffāl al-Shāshī (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Islamskiy enciklopedicheskiy slovar (en) |
Abu Ja'far Muhammad ibn Jarir al-Tabari (en persa: محمد بن جریر طبری, en árabe: أبو جعفر محمد بن جرير), nado en 839 e finado en 923, foi historiador e teólogo sunnita iraniano, naceu en Amol, Tabaristán (ao sur do Mar Caspio) e estudou en Ray, Bagdad, Siria e Exipto. "Tabari" significa "de Tabaristán". Morreu en Bagdad.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes dos sete anos xa aprendera o Corán de memoria, e nos dous anos seguintes rematou os estudos das recollas clásicas dos hadiths. Deixou o seu domicilio familiar aos doce anos para ir estudar e antes dos dezasete chegou a Bagdad. Alí contaba con coñecer a Ahmedben Hanbal, mais chegou pouco despois da morte deste. Após un ano en Bagdad, viaxou até o sur de Iraq, estudando en Kufa e Basra. Retornou a Bagdad e permaneceu nela oito anos. Partiu de novo de viaxe á Siria, a Palestina e a Exipto. Cara 870 volveu a Bagdad, onde decorreron os cincuenta e tres anos restantes da súa vida ensinando a tradición e a lei, ben que visitou o Tabaristán varias veces e peregrinou á Meca. A súa vida foi simple e digna e caracterizouse pola dilixencia extrema. Dise que rexeitaba os regalos de valor.
As súas orixes iranianas non impediron que se encadrase na tradición suní, pasase a maior parte da súa vida en Bagdad e escribise todas as súas obras en árabe. Inscribíase na tradición shafi'ita da lei e reclamaba o dereito a criticar todas as escolas. Rematou por fundar a súa propia, na que chegou a provocar a ira violenta dos hanbalitas.
Tabari escribiu sobre case todos os temas da vida musulmá: historia, exexese do Corán, recolla de hadiths, comentarios sobre dereito etc. Interesouse tamén pola medicina. As súas obras non son numerosas, mais dúas delas son bastante extensas.
Historia dos profetas e os reis (Tārikh ur-Rusul wal-Mulūk, تاريخ الرسل والملوك), coñecida como os Anais, é unha historia desde a Creación até 915.
Os seus comentarios sobre o Corán son tan detallados como os Anais. O tamaño da obra e a independencia de xuízo teñen dificultado a súa popularización, mais si é utilizada.
Tabari albergou un terceiro proxecto sobre as tradicións dos compañeiros de Mahoma.