Spesmilo
Spesmilo | |
---|---|
Escudo rodeado polo valor.
Lenda: JUBILEO DE ESPERANTO / 1887 - 1912 |
Busto de Zamenhof cara á esquerda.
Lenda: D.RO L.L. ZAMENHOF * AUTORO DE ESPERANTO *. |
O spesmilo (palabra do esperanto; plural spesmiloj) foi unha unidade monetaria internacional de carácter decimal, proposta para ser introducida en 1907 polo matemático e esperantólogo suízo René de Saussure.
Valor e uso
[editar | editar a fonte]O spesmilo equivalía a 1.000 speso (a unidade base) e o seu valor fixouse en 0,733 gramos de ouro puro, o que naquela época supuña aproximadamente medio dólar estadounidense, dous xilins británicos, un rublo ruso ou 2'5 francos suízos.[1]
Esta moeda utilizouse como unidade de conta con anterioridade á primeira guerra mundial por varios bancos británicos e suízos, sinaladamente o Ĉekbanko Esperantista ou Esperantist Check Bank, de Londres. Este banco, fundado en 1907 polo alemán Herbert Höwler e extinguido en 1918, mantivo contas en spesmiloj en 320 cidades e 43 países, e emitiu cheques en spesoj e os seus múltiplos, co lema Unu mondo, unu lingvo, unu mono ("Uun mundo, un idioma, unha moeda ").[1][2]
En 1912 cuñouse unha proba de moeda de prata con valor facial de 1 spesmilo. Esta cuñaxe serviu para conmemorar o 25º aniversario da creación da lingua esperanto por L. L. Zamenhof; foi promovida pola Asociación Universal de Esperanto e da súa produción encargouse a compañía suíza Holy Frères.[3]
Realizáronse tamén deseños para a emisión de moedas cos valores de 10 spesoj (ou spesdeko), 100 spesoj (ou spescento), 2.000 spesoj (ou 2 spesmiloj) e 10.000 spesoj (ou spesdekmilo), aínda que estas non se chegaron a producir.[4]
O spesmilo foi o antecesor dunha moeda posterior, utilizada entre 1942 e 1993 pola Liga Universal, denominada stelo.[4]
Símbolo
[editar | editar a fonte]O símbolo do spesmilo era un monograma composto coas letras Sm.[5] Este carácter está en Unicode desde a versión 5.2, onde se lle asignou o código U + 20B7.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Klag, W. (2017).
- ↑ "La Ceko Estas en Posto". Numismatic Notebook. 1 de marzo de 2019.
- ↑ "1 Spesmilo". Numista.com
- ↑ 4,0 4,1 Schiboleth, C. D. (2005).
- ↑ Everson, M. (2006). "Proposal to encode the Esperanto SPESMILO SIGN in the UCS Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine.". International Organization for Standardization.
- ↑ "Currency Symbols. Range: 20A0–20CF". Unicode.org
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spesmilo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Klag, W. (2017). "Esperanto-Mono". En Esperanto. Universala Esperanto-Asocio. Nº 1.312. Abril. Páxinas 92-93. ISSN 0014-0635
- Schiboleth, C. D. (2005). "Esperanto and the Dream of a World Currency: The Coinage of the Universala Ligo (1942-1993)". En Australasian Coin & Banknote Magazine.