Sir Endymion Porter e Anton van Dyck
Sir Endymion Porter e Anton van Dyck | |
---|---|
![]() | |
Tipo | pintura ![]() |
Movemento | Barroco ![]() |
Xénero artístico | autorretrato e retrato ![]() |
Material | pintura ao óleo e lenzo ![]() |
Propietario | Fernando VII, Carlos III de España e Isabel de Farnesio ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Anton van Dyck ![]() |
Temática | |
Tema principal | Anton van Dyck ![]() |
Representa a
| |
Datas | |
Data de creación | 1635 e 1633 ![]() |
Dimensións | |
Altura | 119 cm ![]() |
Anchura | 144 cm ![]() |
Localización | |
Localización | Museo do Prado e Palacio Real de Madrid ![]() |
Colección | Museo do Prado ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Sir Endymion Porter e Anton van Dyck é un autorretrato do pintor flamengo Anton van Dyck, no que se representa a si mesmo xunto ó seu protector sir Endymion Porter. Está realizado en óleo sobre tea, en formato oval, e foi pintado cara ó ano 1635. Mide 119 cm de alto e 127 cm de ancho. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid, España.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Este autorretrato é o único de van Dyck no que o artista se representa con outra persoa. Isto demostra o estreita que era a relación con Endymion Porter, ó que coñecera en 1620, durante a súa primeira viaxe a Londres. Porter era un colaborador do rei e axudaba ó soberano na adquisición de teas de grandes pintores: fora comisionado para pechar a adquisición da gran colección de arte do duque de Mantua por parte de Carlos I. O mesmo Porter era un grande apaixonado e rico coleccionista de obras de arte. Ademais de ser amigo de van Dyck, coñeceu ben a Rubens e Orazio Gentileschi. Cando van Dyck executou esta tea, tiña preto de 35 anos e Porter 47.
Este retrato dobre pertenceu a Endymion Porter. Despois estivo noutras coleccións, e chegou ó Museo do Prado procedente da colección real, á que se incorporou por adquisición da raíña Isabel de Farnesio, en cuxo poder está documentado no ano 1745.
O realmente notable desta pintura, á parte da súa rareza ó representar a un pintor e o seu comitente xuntos, é que o fai de maneira singular, pois o artista e sir Porter aparecen tratados como iguais. Tan só a posición central do nobre denota certa superioridade, xa que van Dyck móstrase cunha grande elegancia nas súas vestiduras e actitude. Á parte da amizade e proximidade que unía ós dous personaxes, isto é mostra do status social ascendente que adquiriron moitos pintores de renome durante o Barroco.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver: La llave del Prado, por Consuelo Luca de Tena y Manuela Mena, Madrid, Ed. Sílex, 1990.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gian Pietro Bellori, Vite de' pittori, scultori e architecti moderni, Turín, Einaudi, 1976.
- Didier Bodart, Van Dyck, Prato, Giunti, 1997.
- Christopher Brown, Van Dyck 1599-1641, Milán, RCS Libri, 1999. ISBN 88-17-86060-3
- Justus Müller Hofstede, Van Dyck, Milán, Rizzoli/Skira, 2004.
- Stefano Zuffi, Il Barocco, Verona, Mondadori, 2004.