Serra (ferramenta)
Unha serra é unha ferramenta ou máquina na que o elemento principal é unha lámina, un disco ou unha cadea dentados, que se emprega para cortar madeira ou outros materiais duros como a pedra, os metais etc.[1][2]
Consiste nunha folla de aceiro cunha serie de recortes nun dos seus rebordos. En casos especiais os dentes son revestidos de diamante para acadar maior dureza.
A operación de corte faise realizando un movemento continuo ou alternado sobre a superficie do material, provocando unha fricción que resulta no seu corte.
A inclinación dos dentes da serra vén determinada en función do material e da forma de corte pretendida provocando a separación ou o desgaste das fibras do obxecto a cortar.
A elevada temperatura atinxida na lámina e no material a cortar esixe por veces a utilización de medios de arrefriamento principalmente con auga ou ar frío.
Forma de enerxía
[editar | editar a fonte]Serra manual
[editar | editar a fonte]Cando se trata dunha serra portátil cun cabo que permite ser accionada por unha única man dáse o nome de serrón.[3] Existen outras serras manuais de maior porte accionadas dúas persoas exercendo forza alternadamente en cada extremo da lámina chamadas de tronzador.
Serra eléctrica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Serra eléctrica.
As serras eléctricas poden ser domésticas ou industriais usadas nas serradoiros de madeira. Úsanse por persoas que traballan con madeira e corte de árbores.
Motoserra
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Motoserra.
Serra mecánica que consiste nunha lámina de metal arredor da cal xira unha cadea dentada movida por un motor, utilizada para cortar as árbores, tronzalas en toros e espolalas[4]. Funcionan con motores de combustión a dous tempos cun cilindro.
Outras
[editar | editar a fonte]Existen serras accionadas por outras formas de enerxía principalmente auga, o medio privilexiado polos antigos serradoiros que por iso se localizaban xunto a cursos de auga; tamén existen serras accionadas por vapor de auga resultante do quecemento desta a elevadas temperaturas.
Formato da lámina
[editar | editar a fonte]Serras circulares
[editar | editar a fonte]A lámina destas serras consiste nun disco metálico e na súa maioría acciónanse cor enerxía eléctrica. Utilízanse para cortes en liña. Poden ser de uso doméstico ou industrial no caso de que as láminas están nunha posición fixa nunha mesa axeitada onde se coloca o material a cortar. Nos antigos serradoiros estas serras accionábanse con auga.
Serras de calar
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Caladora.
Este tipo de serra (tamén chamadas caladoras), de alimentación eléctrica, posúe unha lámina estreita que realiza un movemento de sobe e baixa permitindo así efectuar recortes sobre os materiais.
Serras de corrente
[editar | editar a fonte]Neste tipo de serra non existe unha lámina única senón un conxunto de dentes fixos a unha corrente que roda continuamente.
Serra radial
[editar | editar a fonte]A serra radial é unha máquina que posúe un disco de corte con capacidade de corte lonxitudinal e de profundidade.
Vocabulario relacionado
[editar | editar a fonte]- Serranchín ou serrador, persoa que se dedica a serrar madeira.
- Serradoiro ou serra, industria na que hai serras mecánicas para serrar a madeira.
- Serraduras, conxunto de partículas que se deprenden dunha materia ao serrala.
- Serrón, serra de man empregada polo carpinteiro. Serra de folla ancha empregada en encadernación para realizar sucos no lombo do libro para cadenetas e cordeis.
- Tronzón, serra grande para madeira, que leva unha asa en cada extremo para serrar entre dúas persoas, tronzador ou cimbrón.
- Serra bispeladora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Definición en Portal das Palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Definición en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012) Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo
- ↑ Houaiss, Antônio. Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa, Lisboa: Circulo dos Leitores, 2002. Tomo VI ISBN 972-42-2809-6
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para motoserra.
- Varios. Lexicoteca-Moderna Enciclopédia Universal, Lisboa: Círculo de leitores, 1985. Tomo XVI
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serra |