Sendeiros de gloria
Sendeiros de gloria | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Paths of Glory |
Director | Stanley Kubrick |
Produtor | James B. Harris |
Guión |
|
Baseado en | Paths of Glory de Humphrey Cobb |
Intérpretes | |
Música | Gerald Fried |
Fotografía | Georg Krause |
Montaxe | Eva Kroll |
Estudio | Bryna Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 25 de decembro de 1957 14 de abril de 2002 (TVG) |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Bélico |
Orzamento | $900 000[1] |
Na rede | |
Sendeiros de gloria (en inglés: Paths of Glory) é un filme antibélico estadounidense do ano 1957, cuxa acción se desenvolve durante a Primeira guerra mundial. Foi dirixido por Stanley Kubrick e protagonizado por Kirk Douglas. Baséase na novela do mesmo nome de Humphrey Cobb, publicada en 1935.
En 1992, o filme foi considerado «cultural, histórica e esteticamente significativo» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.
Estreouse en galego o 14 de abril de 2002 a través da TVG.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia desenvólvese en Francia, en 1916. O ataque suicida do Exército francés contra as posicións alemáns no outeiro das formigas (Ant Hill), un punto estratéxico de vital importancia para o desenvolvemento da Primeira guerra mundial, convértese nun fracaso estrepitoso. Para escarmentar as tropas cun castigo exemplar, o xeneral Mireau (George Macready), un dos principais responsables do ataque e do seu fracaso, convoca un consello de guerra: tres soldados elixidos ao azar polos seus superiores son acusados falsamente de covardía ante o inimigo, e enfróntanse á pena de morte por fusilamento.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kirk Douglas - coronel Dax
- Adolphe Menjou - xeneral George Broulard
- George Macready - xeneral Paul Mireau
- Richard Anderson - comandante Saint-Auban
- Wayne Morris - tenente Roget
- Joseph Turkel - soldado Pierre Arnaud
- Ralph Meeker - cabo Philippe Paris
- Bert Freed - sarxento Boulanger
- Kem Dibbs - soldado Lejeune
- Timothy Carey - soldado Maurice Ferol
- Emile Meyer - sacerdote
- John Stein - capitán Rousseau
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McGee, Scott; Steffen, James. Turner Classic Movies, ed. "Paths of Glory (1958) - Articles". Consultado o 15 de decembro de 2014.
- ↑ "Edición do sábado". La Vanguardia: 9. 13 de abril de 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sendeiros de gloria na IMDb (en inglés).
- Paths of Glory en Rotten Tomatoes (en inglés)
- Paths of Glory en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 1957
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua alemá
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Stanley Kubrick
- Filmes de guerra dos Estados Unidos de América
- Filmes baseados en feitos reais
- Filmes ambientados en 1916
- Filmes sobre a primeira guerra mundial
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1957 con versión en galego