Selección de rugby de Ucraína
Ucraína | |||
---|---|---|---|
Unión | Federatsiya Rehbi Ukrayiny | ||
Adestrador | Oleg Zalizny | ||
Capitán | Nikolay Kirsanov | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 36 (28 de outubro de 2019) | ||
Estrea internacional | |||
Xeorxia 19−15 Ucraína 21 de novembro de 1991 | |||
Maior vitoria | |||
Austria 0−78 Ucraína 24 de novembro de 1994 | |||
Maior derrota | |||
Romanía 97−0 Ucraína 19 de xuño do 2005 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | Ningunha |
A Selección de rugby de Ucraína é o equipo que representa á Ucraína en rugby. Ucraína comezou a xogar internacionalmente ao rugby dende o ano 1991, debutando contra Xeorxia. Nunca conseguiu clasificarse á Copa do Mundo de Rugby. Ucraína participa na European Nations Cup.
Historia
[editar | editar a fonte]Ucraína xogou o seu primeiro partido internacional contra Xeorxia en 1991, perdendo o partido 15-19. Volveron xogar tres días despois, e Xeorxia volveu gañar 6-0. O seguinte ano Ucraína volveu xogar dous partidos contra Xeorxia e volveu perder os dous. O primeiro partido gañado por Ucraína foi no ano 1993 contra a Hungría, no que Ucraína gañou 41-3. Após o partido contra Hungría, gañou os seguintes partidos contra Croacia, Eslovenia e Austria. A sorte remata en 1994, perdendo contra Dinamarca.
Ucraína xogou no European Nations Cup 2005-06, que lle podía servir para clasificarse a Copa do Mundo de Rugby 2007 en Francia. Ucraína quedou de última perdendo todos os partidos e descendeu á División 2A. Os tres últimos equipos xogaron unha 4 rolda para ver quen pasaba ao Mundial, Ucraína xogou contra Rusia dúas veces para determinar quen ía pasar. Ucraína perdeu os xogos 11-25 e 37-17.
Resultados internacionais
[editar | editar a fonte]En xeral
[editar | editar a fonte]Selección | PX | PG | PP | PE | % PG |
---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 6 | 2 | 3 | 1 | 33.33% |
Austria | 2 | 2 | 0 | 0 | 100% |
Bélxica | 5 | 3 | 2 | 0 | 60% |
Croacia | 4 | 3 | 1 | 0 | 75% |
Dinamarca | 3 | 2 | 1 | 0 | 66.67% |
Eslovenia | 1 | 1 | 0 | 0 | 100% |
España | 1 | 0 | 1 | 0 | 0% |
Hungría | 1 | 1 | 0 | 0 | 100% |
Israel | 1 | 1 | 0 | 0 | 100% |
Letonia | 3 | 2 | 1 | 0 | 66.67% |
Moldavia | 5 | 3 | 2 | 0 | 60% |
Países Baixos | 4 | 3 | 1 | 0 | 75% |
Polonia | 8 | 7 | 1 | 0 | 87.5% |
Portugal | 4 | 1 | 3 | 0 | 25% |
República Checa | 7 | 2 | 5 | 0 | 28.57% |
Romanía | 6 | 0 | 6 | 0 | 0% |
Rusia | 7 | 0 | 7 | 0 | 0% |
Serbia | 1 | 1 | 0 | 0 | 100% |
Suecia | 2 | 2 | 0 | 0 | 100% |
Suíza | 2 | 2 | 0 | 0 | 100% |
Xeorxia | 8 | 0 | 8 | 0 | 0% |
Total | 81 | 39 | 41 | 1 | 48.15% |
Copa do Mundo de Rugby
[editar | editar a fonte]- 1987 - Non existía
- 1991 - Non existía
- 1995 - Non entrou
- 1999 - Non se clasificou
- 2003 - Non se clasificou
- 2007 - Non se clasificou
- 2011 - Non se clasificou