Searching (filme)
Searching | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Searching |
Director | Aneesh Chaganty |
Produtor | Timur Bekmambetov Sev Ohanian Natalie Qasabian Adam Sidman |
Guión | Aneesh Chaganty Sev Ohanian |
Intérpretes | John Cho Debra Messing |
Música | Torin Borrowdale |
Fotografía | Juan Sebastian Baron |
Montaxe | Nick Johnson Will Merrick |
Estudio | |
Distribuidora | Sony Pictures Releasing |
Estrea | Sundance: 21 de xaneiro de 2018 31 de agosto de 2018 |
Duración | 102 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 880 000 dólares[2] |
Recadación | 75,5 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
https://www.sonypictures.com/movies/searching | |
|
Searching é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Aneesh Chaganty e escrito por Chaganty e Sev Ohanian. Ambientado enteiramente en pantallas de computador e teléfonos intelixentes, o filme conta a historia dun pai (John Cho) tentando atopar a súa filla desaparecida de 16 anos (Michelle La) coa axuda dunha detective policial (Debra Messing). É o primeiro filme mainstream de Hollywood protagonizado por un actor asiáticoamericano.[4][5]
O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2018, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 31 de agosto de 2018, por Screen Gems. O filme foi un éxito financeiro e da crítica, recadando máis de 75 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 880 000 dólares. Foi eloxiada pola súa dirección, actuación, estilo visual único e argumento pouco predecible. Nos Premios Independent Spirit, Cho foi nomeado ao mellor actor protagonista.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- John Cho como David Kim
- Debra Messing como Detective Sarxento Rosemary Vick
- Michelle La como Margot Kim
- Kya Dawn Lau como Margot Kim con 9 anos
- Megan Liu como Margot Kim con 7 anos
- Alex Jayne Go como Margot Kim con 5 anos
- Sara Sohn como Pamela Nam Kim
- Joseph Lee como Peter Kim
- Steven Michael Eich como Robert Vick
- Ric Sarabia como Randy Cartoff
- Sean O'Bryan como Radio Jockey
- Colin Woodell como operador do 911
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "Searching (12A)". Consultado o 19 de abril de 2019.
- ↑ "Searching en reddit". reddit.com. Consultado o 17 de agosto de 2020.
- ↑ "Searching (2018)". Box Office Mojo. Amazon. Consultado o 20 de xaneiro de 2019.
- ↑ Loughrey, Clarisse (27 de agosto de 2018). "John Cho interview: How he became a cheerleader for cinema's newest genre". the Independent. Consultado o 6 de outubro de 2018.
- ↑ General, Ryan (25 de xullo de 2018). NextShark, ed. "John Cho Makes History as the First Asian Actor Leading a Hollywood Thriller in 'Searching'". Consultado o 29 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Searching na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)